A Xunta dálle un Ciclo de Integración a centro privado que discrimina por sexo

O IES Chapela denuncia que a Xunta favorece a implantación dun ciclo de FP nun centro privado feminino de Vigo a pesares de que este centro público pedírao con antelación.

Por Galicia Confidencial | Redondela | 09/07/2013 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O Departamento de Servizos á Comunidade do IES Chapela acaba de remitir unha queixa formal á Consellería de Educación ao considerarse "marxinado" polo "tratamento desigual" que este departamento tivo na concesión dun ciclo de FP.

E é que, segundo informa, en maio deste ano solicitaron a implantación neste centro de ensino público do Ciclo Formativo de Grado Superior en Integración Social, pertencente á familia profesional de Servizos á Comunidade, familia da que actualmente se poden cursar outros dous Ciclos Formativos no IES Chapela (G.S. Educación Infantil e G.M. Atención a Persoas en Situación de Dependencia). Unha solicitude que se leva cursando en repetidas ocasións en anos pasados.

Mellor un centro privado

Sen embargo, Educación decidiu conceder este ciclo ao C.P.R. Aloya, de Vigo, un centro privado de carácter relixioso que, curiosamente, practica unha política de segreggación por sexos, ao admitir, exclusivamente, mulleres nas ensinanzas que oferta. "E isto é bastante incoherente coa integración social que piden impartir no centro", apuntan desde o IES Chapela. 

Ademais, esta é a segunda vez que Educación decide conceder uns estudios deste estilo a outro centro privado xa que, ata o de agora, o único que os ofertaba é o CPR Plurilingüe San José de la Guía, outro centro relixioso situado na cidade de Vigo.

Causas obxectivas

A demanda deste Ciclo Formativo por parte do centro público de Redondela responde á existencia de demanda entre o alumnado do centro, a inexistencia de oferta do devandito Ciclo Formativo en Centros Públicos de toda a provincia de Pontevedra ou a existencia das infraestruturas precisas sen que fosen necesario máis necesidades de dotación que dous profesores (un para o curso 2013/2014 e outro para curso 2014/2015) para completar a docencia cos xa existentes no propio IES.

Por iso, a concesión deste novo ciclo a outro centro privado é considerado como un "agravio cara o ensino público" e obriga aos estudantes que queiran cursalo dentro da educación pública a trasladarse a Ourense ou A Coruña. 

Desde o IES Chapela queixanse de que Educación tamén lle denegou esta petición a outros centros públicos e que concede un ciclo tan específico como este a "un centro marcadamente relixioso que aplica criterios antipedagóxicos como a segregación por sexos, discriminando ó sexo masculino".  Por iso, reclama a "inmediata rectificación" nas autorizacións de Ciclos Formativos para o vindeiro curso, retirando o concerto establecido cun centro de ensino privado de carácter relixioso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 El PPresidente

Con clases punteras en pederastia y cómo sisar del cepillo, tendremos los sacerdotes y monagillos mejor formados de Europa.

1 A cada un o seu