Cando caerá a pirámide?

Cando visitas o magnífico museo do Louvre, descobres que unha pirámide invertida pode ser un elemento novidoso da arquitectura, que de feito é un activo na creación literaria e cinéfila mundial. Foi un acerto, un luxo de bufarda para a parte máis comercial do museo de París.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 27/01/2021

Comparte esta noticia
Na Galicia tamén temos as nosas pirámides invertidas. Iso si, non tan premiadas nin tan cinéfilas. Os territorios de Ourense e Lugo, son, en si mesmos, a pirámide invertida da demografía europea: sen premios, mais con referencias en todos os estamentos da Unión como exemplo do que non pode pasar. Imos camiño de ser a Siberia ou a Laponia. Porén, Ourense e Lugo teñen potencial para non ser tal referente, soamente ten que acreditar nesta realidade o Estado. E digo o Estado e non a Xunta ou Deputacións, porque o fallo está nas grandes políticas que desde Madrid non se aplican.
 
O Potencial do sector primario está fora de toda dúbida; o potencial turístico está tamén nas mesmas coordenadas; o apego á terra está fora de dúbida. Entón, cal é a chave? É sinxelo: a falta de grandes conexións e a falta de asentamento de industria referencial, que depende da acción do goberno de España. Todo é mellorable, máis o esforzo das administracións locais é forte, aínda que non é suficiente. É preciso analizar os datos e facer forza desde a base social de Galicia para cambiar esa realidade na acción das Cámaras de Madrid. A chegada de fondos UE na nova era Post-COVID é a derradeira oportunidade de normalizar as cousas e de facer despegar a Galicia na súa totalidade. Fai falla un gran pacto galego pro Lugo e Ourense.
A densidade de poboación de Lugo e de 34 habitantes por Km2. Na veciña Asturias é de 96 habitantes. A densidade de Ourense é de 43 habitantes por km2, mentres Pontevedra ten 210 por km2.
 
Por cada pensionista de Lugo ou Ourense só temos dous traballadores, cuestión que en 15 anos será deficitaria, sendo unha lousa na vida social e económica dos territorios.
Como festa final, desde o Estado os orzamentos caen máis do 15% nestes territorios, facendo unicamente dúas inversións significativas: A-54 en Lugo e circunvalación do Barco en Ourense.
 
Os sinais son claros, e a demanda tamén. Ou se fai un pacto por Lugo e Ourense para demandar do Estado unha acción real, ou o crecemento de toda Galicia estará lastrado. A oportunidade é agora, porque Europa está. Temos que aproveitala.   

A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova
A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova | Fonte: Matteo Bertolino
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA