Mobilizacións contra o plan forestal da Xunta para "ampliar aínda máis o eucalipto"

Organizacións ecoloxistas e sociais denuncian que a nova norma permitirá privatizar montes comunais e derivará nun monte máis débil ante os lumes. O sector da madeira apremia á Xunta a sacar o plan canto antes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Comezan as mobilizacións contra o novo plan forestal ultimado pola Xunta de Galicia. Logo de que o sector da madeia apremiara ao executivo de Feijóo para aprobar "nun breve prazo" a nova norma, o ecoloxismo galego --sumado a parte de movementos sociais como, por exemplo, o SLG-- vén de anunciar mobilizacións contra a nova norma por considerar que aumentará dinámicas negativas xa presente no campo galego.

Plantación de eucaliptos
Plantación de eucaliptos | Fonte: AXM

Galicia Confidencial xa tratou en ocasións anteriores cales eran as implicación do novo plan forestal da Xunta de Galicia. Entre outras cuestións, a norma que o executivo de Feijóo prevé aprobar o próximo martes 23 de febreiro está acusada que querer aumentar a dimensión das plantacións de eucaliptais sobre territorio galego, unha circunstancia que xa foi rexeitada por Ecoloxistas en Acción, Adega, Verdegaia e o Grupo Lobo, entre outras asociacións.

Por esta razón, o movemento verde galego vén de anunciar unha concentración ante a Xunta para deixar clara a oposición de tales colectivos á nova norma, sobre a que pende unha sombra clara: o seu carácter "pirófito", segundo apuntou Adega semanas atrás. A mobilización programada para o vindeiro día 23, coincidirá así coa máis que probable aprobación da norma, atacada por donos de montes comunais ante a denuncia dunha vontade de "privatizar" tales extensións forestais. 

SINATURAS

Á parte da mobilización presencial, que só poderá ter lugar se as restricións da Xunta así o permiten, a nova lei forestal da Xunta vén xa de recoller as primeiras reaccións da banda da sociedade civil. En poucos días recolléronse case 3.000 sinaturas na plataforma change.org para pedir que a norma non sexa aprobada. Á causa xa se adheriron ducias de plataformas do ecoloxismo galego. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Montserrat Gracia Bruna

A mobilización presencial conxjnta en Santiago é moi probable q non poidamos facela. Pero non se poden organizar mobilizacions nas cidades e pobos q haia xente con ganas decir o q pensamos?? Ata o día 23 quedan 3 días. Pódese pensar e convocar. Ainda q sexamos poucos da primeira vez, haberá máis ocasións, pero hai q empezar xa.