A Deputación da Coruña estuda recorrer a sentenza que obriga a indemnizar aos Franco

"Non podemos asumir aínda ter que indemnizalos", valorou González Formoso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, anunciou que os servizos xurídicos do organismo provincial estudan recorrer a sentenza da Audiencia coruñesa que recoñece unha indemnización á familia Franco polos gastos no inmoble desde 1975.

"Se hai algunha posibilidade de recorrer, recorreremos", asegurou o dirixente da Deputación coruñesa a preguntas dos xornalistas nun acto no pazo de Mariñán (A Coruña), engadindo que cre que os coruñeses "non van entender" que haxa que pagar a unha familia "que se lucrou do uso dun espazo que é claramente público".

Tras descartar a Avogacía do Estado o recurso por entender que a sentenza é "favorable" aos seus intereses, González Formoso confirmou que os avogados da Deputación están a analizar a "parte técnico xurídica" porque, dixo, "non podemos asumir aínda encima ter que indemnizalos por unha actitude que non foi responsable coa sociedade". "Eu creo que deberían, en tal caso, pedir perdón por facer un uso indebido a un espazo que de xeito evidente era público", engadiu o presidente do organismo provincial.

Xuízo pola devolución do Pazo de Meirás. Pool
Xuízo pola devolución do Pazo de Meirás. Pool | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta