A Xunta informa de dez falecidos por covid, a metade deles no Chus

O número total de falecidos pola pandemia ascende xa a 2.164.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/02/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A covid deixa dez novos falecidos en Galicia entre o xoves e o venres tal e como informa o Sergas. Todos tiñan patoloxías previas e dous eran usuarios de residencias de anciáns. En total, desde que comezou a pandemia morreron en Galicia un total de 2.164 persoas.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

No novo balance falicitado pola Xunta, a área de Santiago é a máis afectada con cinco falecidos no Chus e outro na residencia integrada CEGADI que procedía dun centro de Arzúa. Tamén houbo dous falecidos no Chuf e un no Chuvi e no Chop, respectivamente.

Esta é a listaxe:

Día 18

Muller  80 anos no CHUS
Home 53 anos no CHUS
Muller 86 anos no CHUF. Procedía da  residencia O Casón de Moeche.
Muller 89 anos no CHUVI
Home 54 anos no CHOP
Muller 74 anos no CHUS

Día 19
Muller 78 anos no CHUS
Muller 84 anos no CHUS
Muller 93 anos na residencia integrada CEGADI. Procedía da residencia San José de Arzúa. 
Home 83 anos no CHUF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta