A Xunta traballa nunha nova lei para favorecer a implantación de empresas

Busca realizar unha oferta pública de parcelas en alugueiro a prezos reducidos para instalacións non permanentes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/02/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A Xunta traballa para dotar á comunidade dunha nova lei mediante a que se busca regular a implantación de proxectos de desenvolvemento de chan industrial e favorecer o asentamento de empresas ou a súa expansión.

Así o avanzou este venres na Coruña a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, antes de reunirse con representantes de entidades empresariais da provincia para abordar as condicións que ofrece a Xunta para facilitar o acceso a chan industrial nos parques que xestiona.

Neste contexto, explicou que a Lei de Desenvolvemento de Áreas Empresariais na que traballa a Xunta desde este mes permitirá "unha mellor comunicación entre as partes" e dispor de instrumentos para continuar o desenvolvemento destas zonas, así como dunha planificación que "debe ir da man de asociacións e organizacións".

Deste xeito, sinalou que mediante a nova normativa aspírase a impulsar os instrumentos de implantación de áreas empresariais e proxectos industriais na comunidade, mellorar a súa eficacia e concretar os seus sistemas de xestión tras a súa finalización.

Así, búscase regular de modo claro e unificado as formas de implantación de proxectos de desenvolvemento de chan industrial para crear máis áreas ou implantar novos proxectos, o que permitirá satisfacer unha demanda do sector.

Como novidade, Ángeles Vázquez indicou que o Goberno galego traballa para que este ano poida realizarse unha oferta pública de parcelas en aluguer a prezos reducidos, como mínimo, nos parques de Ferrolterra e a fronteira con Portugal para favorecer o asentamento de instalacións non permanentes.

BONIFICACIÓNS

Así mesmo, Anxos Vázquez lembrou que a Xunta manterá en 2021 a política de bonificacións lanzada en 2015 para pór no mercado o chan industrial que xestiona mediante Xestur e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e chamou ao Goberno central a actuar no mesmo sentido "a través dos seus propios polígonos".

A conselleira precisou que os organismos autonómicos sacarán á venda a totalidade dos terreos dispoñibles nos seus parques durante este ano, ademais do chan que se urbaniza no marco de obras de ampliación.

Polígono industrial Lalin 2000
Polígono industrial Lalin 2000 | Fonte: navesindustriales.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta