Mobilizacións en distintas localidades galegas para denunciar a "fenda de xénero" nas pensións

Piden que se garanta por lei unha pensión mínima de 1.080 euros.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/03/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Distintas localidades galegas acolleron este luns mobilizacións convocadas polo Movemento Galego pola Defensa das Pensións e Servizos Públicos (Modepen) no marco dunha convocatoria para denunciar a "fenda de xénero" no cobro desta prestación.

Na Coruña, ao redor de medio centenar de persoas, segundo os convocantes, concentráronse no Obelisco onde procederon, ademais, á lectura dun manifesto para denunciar, segundo a lema da súa convocatoria, que o Pacto de Toledo "fai crecer a fenda de xénero".

A protesta convocouse tamén pola mañá na zona de Val Miñor e en localidades como Ferrol, Boiro, Lugo e Ribadeo, mentres que en Cangas está prevista para as 19,30 horas ante o concello. En Vigo, está convocada media hora despois ante o museo MARCO.

En declaracións a Europa Press, Manuel Gundín, membro de Modepen na Coruña, explicou que as concentracións se realizan "en defensa do sistema público de pensións" e para denunciar "a brecha de xénero entre home e muller", cifrando nun 40% a diferenza no cobro desta prestación.

Tamén expresou o rexeitamento ao Pacto de Toledo ao entender que figuran medidas que "van en contra do sistema público de pensións" e buscan "activar a privatización" das mesmas. "Queremos que se garanta por lei unha pensión mínima de 1.080 euros como di a Carta Social Europea", indicou Gundín, quen argumentou que a situación en Galicia respecto ao conxunto estatal é "peor".

Protesta a favor dun sSistema público de pensións.
Protesta a favor dun sSistema público de pensións. | Fonte: EN MAREA

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Por outra banda, a Deputación da Coruña programou, a través da área de Igualdade, un foro, un programa de encontros e actividades dirixidas aos mozos para conmemorar o próximo 8 de marzo o Día Internacional da Muller.

Así, informárono, en rolda de prensa, a deputada de Igualdade, María Muíño, e a asesora desta área, Silvia Seixas, nunha comparecencia coa participación de empresas e colectivos que se encargaron da imaxe que se difundirá con motivo dese día, así como colaborar nas actividades programadas.

'Moito por cambiar, por mover, por concienciar, por educar, por entender, por compartir, por crear, por gozar, por vivir...' será a lema dunha campaña que comezará coa lectura o día 8 dunha declaración institucional aprobada no pleno provincial.

Con posterioridade, o 11 de marzo, celebrarase un foro ao que seguirán durante o mes de marzo uns diálogos ao redor de temas como saúde, corpos e violencias; emprego, precariedade e feminización da pobreza ou os coidados e sustentabilidade das vidas. Neles, participarán sindicalistas, investigadoras ou profesionais do ámbito sanitario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta