A CRTVG presume de estar por riba do 10% de cota de pantalla grazas aos telexornais

Unha cifra á que chega por "quinto mes consecutivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

A CRTVG destacou que a Televisión de Galicia rexistrou por "quinto mes consecutivo" unha cota por encima do 10% e sinalou que os seus informativos foron os máis vistos en febreiro, ao contar cunha audiencia media de 84.000 telespectadores.

Nun comunicado remitido aos medios, a CRTVG sinala que, no segundo mes do ano, a TVG alcanzou unha cota do 10,4% no prime time e do 10,1% no conxunto do día, quedando por quinto mes consecutivo por encima dos dous díxitos.

O tres programas máis vistos no mes de Galicia foron informativos da TVG, destacando especialmente a franxa do mediodía ('Galicia Noticias' e 'Telexornal Mediodía'), na que de luns a venres a media foi do 22,9%, superando ao siguiente competidor en sete puntos de cota (Antena 3, cun 15,9%). O 'Telexornal Serán' tamén alcanzou uns bos resultados, cunha media no mes do 14,2%.

Nas redes sociais, o proxecto educativo sobre a lingua #DígochoEu da CRTVG, que se alzou en febreiro co premio Paraugas de Comunicación e Mercadotecnia de Galicia, na categoría de Mellor Execución de Idea, xa conta con 87.400 seguidores.

Alfonso Rueda nunha entrevista na Televisión de Galicia. CRTVG
Alfonso Rueda nunha entrevista na Televisión de Galicia. CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta