Por que Feijóo ataca agora a Pontón?... Estas son as estratexias nas que participan os poderes mediaticos

Os ultimos días o PP iniciou unha ofensiva política ata agora descoñecida contra o BNG e, especialmente, contra a súa líder, Ana Pontón. Unhas duras acusacións aproveitando a vinculación do Bloque con independentistas cataláns e vascos que non gustaron nos medios de comunicación afíns á dereita. Pero, porque Feijóo ataca agora ao BNG e por que eses medios subvencionados non apoian a súa estratexia contra Pontón?.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/03/2021 | Actualizada ás 22:03

Comparte esta noticia

Feijóo e Ana Pontón levan días acaparando titulares a conta do que acontece moi lonxe de Galicia. Porque, unha vez máis, a política catalá, ou a vasca, ou a española,  interponse e mestúrase nas estratexias das principais forzas parlamentarias do país. Pero, que ten Madrid ou Barcelona, ou Gasteiz, para que poidan marcar a axenda galega?.

Feijóo e Ana Pontón no Parlamento
Feijóo e Ana Pontón no Parlamento | Fonte: culturar - EFE

Hai semanas que no PPdeG se acenderon as alarmas. E desta vez, o temor non ten que ver co PSdeG, nin coas mareas ou Podemos. Esta vez, o temor procede do BNG, das súas expectativas electorais, da figura da súa voceira nacional e, especialmente, do bo tratamento mediatico que está recibindo por parte de medios que, tradicionalmente, son conservadores.

As eleccións do 12X deixaron un panorama político moi diferente o de hai catro anos e medio; un PP reforzado, un BNG fulgurante, un PSdeG moi tocado e a Unidas Podemos totalmente afundido.  Por iso, hai que remontarse a hai sete meses para entender o que está agora acontecendo na política galega cuns ataques inusuais por parte do presidente galego á principal líder da oposición.

O XOGO DO PP ATA AS PASADAS ELECCIÓNS

Antes deses comicios o PP gastou todo o seu arsenal político, e propagandistico, en afundir as “mareas de Unidas Podemos” e ao PSdeG. Apoiado nos seus medios afíns –que non son poucos-- iniciou unha campaña de “acoso e derruba” contra estas forzas políticas deixando ao marxe a un BNG que iniciaba o ascenso proxectado na imaxe de moderación de Ana Pontón. A estrexia popular e a dos seus buques mediáticos funcionou á perfección, pero non se decataron que nesa campaña o terceiro en discordia, o BNG, subiu máis do que agardaban. Entón non lle prestaron atención, pero as cousas comezaron a cambiar co paso dos meses.

A sólida posición do BNG, a súa unidade interna e a boa imaxe que ten Ana Pontón, tamén entre xornalistas e directores e propietarios de medios, fixo que o BNG comece a ser vista como unha boa opción de goberno. Moi ao contrario do que acontece no PSdeG, cun líder completamente cuestionado e cun partido moi dividido.

Era algo co que non contaba o PP e os seus estrategas políticos. Afundido o PSdeG, pensaban que a oposición do BNG sería doada contando con que ata xullo de 2020 Ana Pontón “non era rival” para Feijóo. “Só había que ver os debates na cámara e como a anulaba”, apuntan fontes populares. Pero a Ana Pontón do 2021, non ten que ver coa de 2016, nin tampouco o BNG. E moito menos, a imaxe que proxecta entre os medios que tanto coidan a Feijóo.

Hai semanas que no PPdeG son conscientes de que, agora, o rival a bater xa non é o PSdeG, senón o BNG. E teñen motivos para iso. As enquisas das que dispoñen, e que teñen contratadas con Sondaxe, empresa demoscópica petencente ao Grupo Voz, apuntan a un crecemento continuo da espectativa do voto do Bloque e a un estancamento, e mesmo retroceso, do voto popular. Eses datos tamén coinciden cos resultados que aportan os barómetros realizados polo CIS a pesar das “manipulacións de Tezanos”.

NOVA ESTRATEXIA DO PP

Ante este panorama, Feijóo –porque foi unha decisión do propio presidente galego consultada cos seus máis afíns-- decidiu lanzarse á ofensiva contra o Bloque aproveintando un dos flancos máis débiles do nacionalismo galego --non para a militancia do BNG senón para a súa imaxe pública-- ; a súa relación cos independentistas cataláns e vascos. 

Xa houbo amagos o pasado ano e xestos notables entre BNG, ERC e Bildu que, entón, non mereceron as críticas do PP. Algo que non aconteceu o pasado mes cando os populares aproveitaron a declaración conxunta das forzas independentistas do Congreso no aniversario do 23F para arremeter duramente contra o Bloque e, especialmente, contra a súa voceira nacional.

O que está acontecendo co nacionalismo galego últimamente é preocupante e o digo como presidente dos galegos. O BNG non perde ocasión en facerse unha foto cun partido independentista dun estracto violento como Bildu, un partido antisistema como a CUP ou un partido independentista como ERC”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosabase o pasado xoves moi molesto coa “deriva independentista” do nacionalismo galego, especialmente, tras a comparecencia de prensa conxunta con partidos soberanistas o 23F no Congreso.

De feito, o presidente galego lembrou a época do BNG de Anxo Quintana, ou mesmo de Xosé Manuel Beiras --ao que denostou e tanto criticou no Parlamento--, cando mantiña acordos con forzas nacionalistas “constitucionalistas” como CiU ou PNV. “O de agora non é moi común. É certo que flirteou con organizacións vascas violentas nalgún momento –en alusión a Herri Batasuna--, pero pechou ese proceso e abriu outro cun nacionalismo non montaraz co PNV e CiU . Daquel BNG non queda nada”, dicía.

Era a resposta, curiosamente, a unha pregunta formulada por un xornalista de La Voz de Galicia que lle preguntara sobre se este novo xiro do nacionalismo galego fai difícil que se poida pactar con el. No PP agardaban que o forte tirón de orellas ao BNG e a Ana Potón tivera efectos inmediatos. Equivocáronse.

CANDO OS MEDIOS NON ESTÁN TAN CONTROLADOS COMO PARECÍA

A estratexia funcionoulle a medias porque o interese do PP en afundir a imaxe de Pontón non é a mesma que teñen os medios afíns. Unha sutil diferencia coa que non contaba nin Feijóo, nin o seu núcleo duro, nin a secretaria xeral de Medios da Xunta, Mar Sánchez Sierra, a gran muñidora da estratexia comunicativa do PPdeG. O propio medio que fixo a pregunta non recolleu a resposta, algo inédito, cando menos, tratándose de Feijóo e sendo o medio máis subvencionado pola Xunta.

E non só non recolleu a resposta, senón que días despois, o mesmo medio publicaba unha crónica na que tentaba explicar porque Feijóo tenta “desmontar a cara amable de Pontón”. Unha crónica na que saía mellor parada a líder do BNG que o presidente da Xunta e na que o xornalista mesmo sacaba a relucir, precisamente, os datos das enquisas de Sondaxe. Unhas equisas que dirixentes do BNG tamén difundiron amplamente nas súas redes sociais.

A XUNTANZA

Precisamente, La Voz de Galicia insiste na necesidade de que Pontón e Feijóo mateñan un encontro.  Facíao nesa crónica, noutros artigos e, indirectamente, tamén na pregunta trasladada no pasado Consello da Xunta. Unha estratexia á que se sumou a propia Ana Pontón que remitía este luns unha carta ao presidente da Xunta para solicitarlle formalmente unha reunión na que abordar a saída da crise sanitaria e socioeconómica cunha negociación "en positivo". Posteriormente, Gonzalo Caballero volvía pedir unha xuntanza a tres. Unha xuntanza a tres que Feijóo xa mantivo a comezos da súa primeira lexislatura con Guillerme Vázquez, entón voceiro nacional do BNG, e con Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG. Sería un camiño intermedio.

Queda por ver se Feijóo, o PPdeG e os estrategas de comunicación populares tamén caen na estratexia que lle está deseñando o seu medio de comunicación de cabeceira e á que se sumou xa a líder nacionalista ou escollen seguir a súa propia folla de ruta sabedores de que máis concesións ao nacionalismo galego pode supoñer grandes sustos electorais no futuro. 

A CARA “NON AMABLE” DO NACIONALISMO

Curiosamente, os medios conservadores que evitan “desmontar” a cara “amable” de Pontón, non teñen problema en atacar ao independentismo vasco e catalán, a todos os que critican á Coroa española ou mesmo ao outro BNG, o BNG que critica a coroa en Madrid e que non ten apuros nin complexos en facer valer o seu deputado en Madrid nunha estratexia conxunta con indepentistas vascos e cataláns.

Avisos xa houbo. Aos “poderes fácticos” de Galicia non lles gusta as mesmas aventuras que vascos e cataláns. Ese BNG que denuncia á Monarquía española, os chanchullos do franquismo, pide soberanía nacional e independencia para o país, porque cre que así se pode xestionar mellor a crise sanitaria, os sectores básicos da economía galega e crecer como país non é benvido para eses sectores económicos e mediaticos. Agora só queda saber se ese BNG tamén se deixará mexer por eses poderes que non hai moito tamén axudaron a afundilo en liortas internas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

7 Bernal Calvo Delaciga

O PP anda ciumento polo trato encomiástico que lle dá La Voz de Sabón ao BNG. Celos entre sipaios.

1 Lareu tumores

O BNG anda a apañar centolos coma cabalos aproveitando que a marea anda baixa.Ten pinta que quedará así.Haberà que contentarse co crack e o batallón!

6 nostrus

Por cierto Riolo, se te ha ido la pinza un poquito porque los funerales se le hacen a los seres queridos fallecidos, no a los mayores. Cierto que la religión es parte de nuestra cultura, aún incluso sin ser creyentes. No comprendo como los del bloque, tan amarrados a la cultura y las tradiciones, no son religiosos y monárquicos. Una más de sus incoherencias.

1 Riolo

Nostrus: la Galicia (Galiza) del BNG ni existió, ni existe, ni existirá. Afortunadamente. Sería como la Kampuchea soñada por Pol Pot. Su lucha por "la tierra" es aparte de medio nazi, un disfraz para consolidar el poder de sus chiringuitos políticos, sindicales, y multiplicar el número de mamandurrias. ¿Qué país se ha desarrollado con las ideas políticas de la UPG? Eso sí, Pontona lleva el camino de batir record de legislaturas dedicada a la política sin haber trabajado jamás en otra cosa. Un pésimo ejemplo para el resto de los gallegos

2 nostrus

Riolo, si yo estoy de acuerdo contigo, Galicia nunca ha sido una nación. Los nacionáticos se aferran al Reino Suevo de Galicia porque es lo que más se le parece a sus sueños, pero cualquier cosa les vale. Las ideas nacionáticas son una mezcla de ignorancia, manipulacion, manias persecutorias y medio litro de licor café. A los nacional-cansinos no hay que hacerles caso.

5 nostrus

Riolo tiene razón, una cosa es votar al BNG en plan mosca cojonera para que de la nota montando bulla para espabilar al que gobierne y otra muy distinta es votarlo para que sea el bloque el que gobierne. El bloque en plan lastimero puede resultar simpático, pero en dosis elevadas puede llegar a ser peligroso. Menos mal que el nivel intelectual de los gallegos es lo suficientemente grande como para no dejarse engatusar. Además el bloque tiene concepto de los gallegos como seres tontos y débiles y lo demuestra diciendo de nosotros que "mean por nosotros y decimos que llueve". Al BNGe ni p*to caso y detrás de ese complejo de superioridad del que alardea no hay nada, solo sufrimiento y victimismo y se comportan como gallegos incompletos que necesitan renegar de ser españoles.

4 Sonia Recarei

Desta lea saen os dous partidos beneficiados. O BNG como referente do cambio e o PP como único garante de que a Xunta non caiga nas mans do separatismo. Mareados, boxteras, laaranjillos e socialistas españois son os perxudicados. As vindeiras eleccións an ser cousa de dous. O PP de Feijóo en solitario e a alternativa liderada por Pontón e co PSOE en minoría. Os demáis, ficarán fora do Horreo. E Pontón ten moitas posiblidades de ser Presidenta da Xunta.

1 Seguide soñando

O BNG será "referente do cambio" até que La Voz de Galicia queira.

3 José

Feijoo comezou a conta atrás en Galicia. Se non llo pediron xa, pediranllo pasado mañán.., o de devolver favores, en Madrid. Qué valor "seguro" ten o PP para sustituir ao amortizado Casado?