Novas medidas anticovid da Xunta: abre a área de Ferrrol pero mantén pechadas as da Coruña e Pontevedra

O concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo, mentres que Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás están en nivel alto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/03/2021 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión deste martes, abrir o peche da Área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.

Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade
Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade | Fonte: Europa Press - Arquivo

Pola súa banda, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.

Por outra banda, o concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo, o que implica as restricións máximas, é dicir, sen mobilidade agás para traballo ou asuntos esenciais. O resto dos concellos galego quedan en nivel medio.

O resto dos concellos galegos queda no terceiro nivel, con restricións de carácter medio, que permiten un aforamento do 30% no interior de bares, restaurantes e cafetarías e do 50% nas terrazas. Así mesmo, está permitida a mobilidade con concellos no mesmo nivel e reunións de non convivientes cun máximo de catro persoas.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do próximo venres, segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, tras a primeira reunión do comité clínico mantida tras a desescalada iniciada en Galicia o pasado venres.

NIVEIS

Galicia conta, actualmente, con tres niveis de restricións. O nivel un ou máximo está pensado para os concellos cunha incidencia de máis de 500 casos por 100.000 habitantes, o que leva ás autoridades sanitarias a pechar perimetralmente o municipio, impedir a apertura da hostalaría salvo servizo a domicilio e para levar e prohibir as reunións de non convivintes.

O nivel dous de restricións ou alto implica mobilidade entre concellos con ese mesmo rango de incidencia do Covid (de entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes), hostalaría aberta só en terrazas e reunións de ata catro non convivientes.

O nivel tres ou de restricións medias está deseñado para os concellos con incidencia por baixo de 250 casos por 100.000 habotantes. Implica mobilidade a todos os puntos de Galicia abertos (salvo que teñan maior incidencia), hostalaría aberta cun aforamento do 50% en terrazas e do 30% en interiores e reunións de ata catro non convivientes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta