Suspenden o xuízo por abuso sexual a unha menor de 14 anos en Ourense

A Fiscalía pide 9 anos de prisión ademais da prohibición de comunicarse, achegarse á vítima, ao seu domicilio e ao seu lugar de traballo durante 5 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2021 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense suspendeu o xuízo a un home de 20 anos acusado de abusar sexualmente da súa parella de 14 anos para o que Fiscalía pide 9 anos de prisión e a prohibición de comunicarse coa vítima durante outro cinco. O xuízo foi suspendido porque a vítima non puido asistir a declarar ,xa que se atopa en confinamento por contacto directo cun positivo de covid-19.

O escrito do Ministerio Público recolle que o procesado comezou unha relación consentida coa nova, con coñecemento de que tiña 14 anos, en maio do 2018 e, nese mesmo mes, mantivo relacións sexuais completas con ela, polo menos en dúas ocasións, nunha casa abandonada que ocupaba preto do auditorio da cidade.

A relación cesou ao mes seguinte cando se decataron os pais da menor. Segundo o escrito de acusación a nena "posúe unha capacidade intelectual dentro da media" e "non é especialmente manipulable, pero dada a influencia o seu ambiente familiar está supeditada a necesidades emocionais non cubertas". En canto ao acusado subliñan que o seu grao de madurez e desenvolvemento emocional "é inferior á súa idade".

A Fiscalía acúsao dun delito de abuso sexual e solicita 9 anos de prisión ademais da prohibición de comunicarse, achegarse á vítima, ao seu domicilio e ao seu lugar de traballo durante 5 anos, durante os cales estará en réxime de liberdade vixiada. O xuízo quedou sen data concreta pero previsto para mediados deste mes de marzo.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta