Galicia supera as 60.000 persoas coas dúas doses da vacina contra a covid-19

Administráronse en total 244.212 vacinas contra o coronavirus, o que supón case 11.000 máis en 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Galicia administrou 244.212 vacinas contra o coronavirus, o que supón case 11.000 máis en 24 horas, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Sanidade --que sempre se corresponden coa anterior xornada--.

Inicio da campaña de vacinación fronte á Covid-19 para o colectivo de maiores de 80 anos no centro de saúde de Milladoiro
Inicio da campaña de vacinación fronte á Covid-19 para o colectivo de maiores de 80 anos no centro de saúde de Milladoiro | Fonte: Xunta de Galicia.

Do total, 62.083 persoas recibiron xa as dúas doses da vacina que inmuniza contra a covid-19. Superáronse as 60.000 persoas tras as máis de 2.000 que foron inmunizadas nas últimas 24 horas.

Deste xeito, Galicia administrou o 79% das 309.015 recibidas. Esta taxa é a terceira maior entre comunidades, por detrás de Andalucía (o 81,7%) e Aragón (o 80,9%).

Das 309.015 vacinas recibidas, 222.415 son de Pfizer; 66.700, de AstraZeneca; e 19.900, de Moderna.

En España vacináronse a 4.229.092 persoas, o 75,7% das 5.583.955 doses recibidas. Máis de 1,3 millóns de persoas contan coa pauta completa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta