A Xunta pon en marcha este luns un cribado poboacional intensivo en farmacias de Cambados

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/03/2021 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade, en colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, porá en marcha desde este luns un cribado poboacional intensivo en farmacias de Cambados, con obxectivo de detectar persoas asintomáticas contaxiadas polo covid-19.

Así o confirmou o Colexio, que indicou que neste cribado están chamadas a participar máis de 5.000 persoas de 40 a 64 anos de idade, que poderán facelo ata o próximo 15 de marzo (inclusive) a través do catro farmacias adheridas ao programa.

Neste caso non se limitará o número de persoas participantes que cada día poden recoller un tubo de mostra na farmacia, ademais, ampliarase o horario de entrega da mostra ata as 14,00 horas, de luns a venres.

Segundo comunicou o Colexio, 629 persoas desta localidade xa participaron no cribado das farmacias, "no entanto, recoméndaselles que participen de novo". Neste marco, a presidenta, Alba Soutelo, fixo un chamamento aos veciños de Cambados para que participen nesta iniciativa.

Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña
Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta