As residencias galegas marcan mínimos históricos de covid con só 23 anciáns infectados

Hai 5 traballadores contaxiados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Os casos de Covid-19 en residencias de maiores Galicia baixan a 28, deles 23 corresponden a usuarios e cinco a traballadores, tras dúas altas na DomusVi Laraxe en Cabanas. Así se desprende dos datos actualizados este martes polas consellerías de Sanidade e Política Social, nos que se indica que non se rexistraron novos positivos, mentres que saen da lista por negativizar un usuario e un traballador da DomusVi Laraxe.

Por tanto, baixan a 23 os usuarios con Covid-19 destes centros --un menos--, dos que 10 corresponden a un surto na Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia; a DomusVi Laraxe de Cabanas conta con seis; a Mi Casa Ferrol ten catro; a La Milagrosa da Coruña, dúas; e o Fogar Residencial Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas, un.

Residencia de San Cibrao / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Residencia de San Cibrao / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

En canto aos traballadores destes centros contaxiados, hai cinco residencias de maiores cun caso cada unha entre o persoal: DomusVi Matogrande, Fogar Residencial de Cerceda, Residencia de Maiores de Caranza; Residencia Mi Casa Ferrol e As Gándaras de Lugo. Pola súa banda, os centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Galicia rexistran un único usuario contaxiado, localizado na Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta