Caída histórica da natalidade en Galicia: a pandemia reduce nun 18% os nacementos no mes de xaneiro

Os expertos xa adiantaron que a pandemia sumaría problemas ao declive demográfico galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Os nacementos en Galicia descenderon un 17,8% en xaneiro deste ano en relación ao mesmo mes de 2020 ata situarse en 1.065 fronte aos 1.295 contabilizados o ano pasado, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE). A caída destas cifras viría a confirmar as predicións de diversos expertos con respecto aos efectos da pandemia sobre o xa grave problema demográfico de Galicia. 

A influencia da pandemia apréciase en que, se comparemos os datos de xaneiro con decembro de 2020 a variación é mínima xa que ese mes foron contabilizados contabilizaron 1.063 nacementos. Este dato, con todo, tamén supón un descenso respecto de decembro de 2019 cando o número de nacementos se stiuou en 1.219. A nivel estatal, en decembro de 2020 só naceron 23.226 nenos, o que supuxo un 20,4% menos que no mesmo mes de 2019 e o valor mínimo nun mes desde que comezou a serie estatística do INE, no ano 1941.

Bebé recentemente nado. Galicia.. EUROPA PRESS - Arquivo
Bebé recentemente nado. Galicia.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta