Gonzalo Caballero anula a súa axenda por "prudencia" tras o acto coa alcaldesa de Lugo

Faino a pesar que desde o Sergas "confirmáronlle que non lle corresponde facer corentena".

Por E.P. | VIGO | 11/03/2021 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, anulou a súa axenda deste xoves por "prudencia" tras participar no acto no que coincidiu coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen empezou este mércores un período de corentena ao dar positivo en covid-19.

Segundo informaron fontes socialistas a Europa Press, de acordo aos protocolos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e do Ministerio de Sanidade, a Caballero "non lle corresponde gardar ningún tipo de corentena estes días, senón que debe seguir coa súa actividade normal".

Debido a que os rastreadores de covid-19 non se puxeron en contacto co secretario xeral, dedúcese que non foi un contacto estreito coa rexedora lucense, coa que coincidiu no evento de igualdade organizado o sábado polo PSdeG, ao que tamén acudiron varias dirixentes socialistas.

Neste sentido, as fontes consultadas indicaron que tanto este mércores como este xoves pola mañá, o secretario xeral púxose en contacto co Sergas e "confirmáronlle que non lle corresponde facer corentena".

A pesar diso, atendendo a un criterio "de máxima prudencia de ter toda a seguridade de que non había que facer esa corentena, porque estaba recentemente notificado o positivo" de Lara Méndez, Caballero decidiu suspender os actos que tiña agendados para este xoves.

En concreto, o líder socialista tiña previsto intervir na apertura do congreso de UGT na comarca de Vigo e visitar unha empresa no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas (Ourense).

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitan o centro de salu de Fingoi. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitan o centro de salu de Fingoi. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta