Morre un condutor en Mazaricos tras saír despedido da estrada e chocar cunhas árbores

O corpo do home foi atopado no exterior do vehículo e sen constantes vitais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O condutor dun turismo de 41 anos de idade faleceu este xoves, 11 de marzo, nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía e chocar contra unhas árbores no municipio coruñés de Mazaricos. Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro sucedeu sobre as 12:00 horas deste xoves. O condutor foi localizado sen vida despois de saírse da vía o seu vehículo na estrada AC-400, ao seu paso por Mazaricos.

En concreto, este sinistro produciuse na estrada que une Piñeiro do Val con Santa Comba. Ao lugar acudiu persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia, que atopou ao condutor fora do coche e sen constantes vitais.

Así o confirmou o equipo médico desprazado ao lugar do accidente co fin de que fosen activados os servizos forenses. En concreto, fontes do 061 sinalaron a Europa Press que se enviou unha ambulancia desde Santa Comba e un equipo de urxencias desde Mazaricos que nada puideron facer por salvarlle a vida e confirmaron o falecemento no lugar do home, J.C.P.Q., de 41 anos de idade.

Ademais, por parte do 112 Galicia, pediuse a colaboración do Grupo de emerxencia Supramunicipal de Muros e de voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foi informada a Garda Civil de Tráfico.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta