Por Galicia Confidencial | Carnota | 04/09/2013 | Actualizada ás 13:14
Dous helicópteros, unha brigada e varias motobombas traballan xa na extinción dun incendio declarado en torno ao medio día deste mércores na parroquia de Arcos, en Mazaricos.
"Afecta a monte raso e se expande de xeito rápido", comenta Jorge Pérez, un brigadista fóra de servizo neste momento que foi quen deu o aviso. Polo momento, o lume aínda non afecta ao espazo natural do Monte Pindo, "pero está moi preto". "De seguir avanzando pode chegar rápidamente", advirte este brigadista
O lugar de Arcos está moi preto de o Fieiro, unha das aldeas de Mazaricos desde a que se accede ao Monte Pindo. Desde alí ata a Moa, o cumio do monte Pindo, hai preto de catro quilómetros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.