Abanca tivo que devolver o 90% das comisións cobradas de xeito irregular nos últimos meses

Así o anunciou o IGI a respecto das comisións denunciadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Consumo mediou en 440 reclamacións polo cobro de comisións bancarias e o 90% delas resolvéronse a favor do cliente, segundo informou o director xeral de Comercio, Manuel Heredia. Na comisión de economía do Parlamento, lembrou que en xullo a Xunta trasladou a súa preocupación ao Banco de España "dado o especial contexto" como consecuencia da crise da covid.

"Mantivemos unha reunión coa entidade bancaria implicada para mediar", sinalou a continuación, sen citar a Abanca. A "preocupación" do Goberno galego centrábase en especial en "os clientes máis vulnerables". Respecto diso, Heredia achegou os datos de mediación en 440 reclamacións e o 90% delas resoltas a favor do consumidor.

Pola súa banda, a deputada do BNG Noa Presas, que lle preguntou sobre estes "abusos", lamentou que as entidades estean a utilizar "a coartada da covid" para implantar novas condicións, e reclamou "máis contundencia e máis actuación" por parte da Xunta. Pola súa banda, a socialista Begoña Rodríguez Rumbo cuestionou na mesma comisión pola "baixa execución orzamentaria" dos créditos consignados polo Igape para os anos 2016-2019.

Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta