Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 21:00
Nova ofensiva do Concello de Pontevedra contra os vehículos abandonados nas vías públicas da cidade. A Concellería de Desenvolvemento Sostible vén de tramitar o requerimento para retirar outros 25 coches que consideran abandonados nas rúas da cidade. Coa tramitación destes expedientes, o Servizo Municipal de Disciplina Urbanística, Medio Ambiente e Policía Administrativa leva xa incoados nestes primeiros tres meses de ano un total de 47 requirimentos, case un 60% dos abertos en todo 2020.
Detrás desta operación está o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, que dará un prazo de 15 días á retirada deses vehículos antes de que a administración actúe de oficio con multas de ata 31.000€ "para aqueles aqueles supostos de infracción grave, procedéndose ademais á retirada do coche polo guindastre, dándolle o
correspondente tratamento como residuo sólido urbano e liquidándoselle ao propietario as taxas que se teñan devengadas polo transporte e depósito do vehículo”.
Os vehículos a retirar serían os seguintes: un Renault R-Express e un Saab 900 no lugar de Xistro (Salcedo); un BMW 316 na rúa da Armórica (Monte Porreiro); un Opel Corsa na rúa Pedro Sarmiento de Gamboa; un Ford Mondeo e un Renault R19 1.9D no lugar de Barragáns (Campañó); un Peugeot 306 no lugar de Lusquiños (Tomeza); unha Renault Kangoo fronte ao número 53 da rúa Pintor Laxeiro; unha Renault R Master, un Volkswagen Golf e un Opel Corsa no entronque de Juan Carlos I con Losada Diéguez; un Peugeot 407 na rúa Martín Códax, fronte ao acceso ao Servizo de Costas; un Audi A3 na rúa Portugal (Monte Porreiro); un Renault Megane na rúa Pintor Colmeiro; un Opel Corsa na avenida Médico Ballina; un Opel Astra na travesía da avenida de Vigo; un Citroën Xantia na avenida de Conde Bugallal; un deportivo Alfa Romeo Silverstone 146 1.4 na rúa da Santiña; un camión frigorífico Nissan Cabstare (a nome da firma Gaserfa Gefallen SL) na rúa Losada Diéguez; un Alfa Romeo 147 no lugar de Os Areás (Mourente); un Renault Laguna na rúa Simón Bolívar; e un furgón Iveco 35514 na avenida de Os Praceres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.