Primeiro accidente en 2021 dos medios de extinción: volca unha motobomba de Medio Rural

Foi mentres acudía a apagar un lume en Cartelle.

Por Galicia Confidencial | Celanova | 23/03/2021 | Actualizada ás 23:09

Comparte esta noticia

Unha motobomba de Medio Rural que participaba nun operativo de extinción dun lume iniciado en Cartelle volcou na noite deste mércores.

Unha motobomba calcinada nun incendio de Mugardos
Unha motobomba calcinada nun incendio de Mugardos | Fonte: TVG

Segundo informan a GC fontes da loita contra o lume, o sinistro saldouse só con danos materiais xa que o estado do conductor non reviste gravidade. O accidente tivo lugar no lugar do Freixo, cando o vehículo acodía a apagar o lume desde Celanova. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta