A Xunta impulsa o proxecto 'Mil ríos' para poñer en valor 300 km de ríos en Galicia

O obxectivo desta proposta, que se enmarca na candidatura da Xunta aos fondos europeos, ten por obxectivo o coidado do patrimonio natural e o control das especies invasoras, segundo indica Medio Ambiente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia impulsa, no marco da súa candidatura aos fondos europeos, o proxecto 'Mil Ríos', co obxectivo de pór en valor o patrimonio natural dos ríos galegos grazas a un investimento de máis de 30 millóns de euros. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou que a Xunta busca poñer en valor 300 quilómetros de ríos para coidar as súas marxes, sacar plantas alóctonas e plantar autóctonas, mellorar a accesibilidade, así como proceder ao control das especies.

A conselleira acudiu este mércores á área recreativa de Ponte Segade, no municipio de Mañón, nunha zona pola que discorre o río Sor, e na que estivo acompañada, entre outros, polo alcalde deste municipio, Alfredo Dovale (PP). Na visita, Ángeles Vázquez detallou que serán os ríos "Ulla, Eo, Sor e Landro" os elixidos para acometer este tipo de accións e aproveitou tamén para reclamar que a repartición dos fondos sexa "xusta" para poder poñer en valor o "patrimonio natural". Con este obxectivo, a Xunta prevé investir nestas actuacións ata 30 millóns.

INVITACIÓN

Ángeles Vázquez aproveitou a súa presenza neste municipio limítrofe coa provincia de Lugo para trasladar á cidadanía a que "se acheguen durante esta semana Santa a realizar as rutas, sempre con responsabilidade, gardando as distancias pertinentes e gozando dunha contorna marabillosa". Así, felicitou ao Concello de Mañón polo esforzo que "está a realizar para que todos os galegos poidamos gozar del".

En concreto, o proxecto Mil Ríos ten catro eixos principais que pasan pola eliminación e o control de especies exóticas invasoras, tanto de fauna como de flora; así como a recuperación e mellora de hábitats e especies, sobre todo das ameazadas; así como as que son propias neste tipo de hábitats, como o galápago europeo, o mexillón de río ou o cangrexo de río autóctono.

Outro obxectivo é o seguimento de peixes migradores dos ríos de Galicia, grazas á instalación de sistemas de detección neste catro ríos. Por último, a conselleira destacou que o impulso desta iniciativa leva aparellada outros beneficios, como é o impulso do emprego verde e o turismo sustentable.

Esteiro do río Anllóns en Ponteceso
Esteiro do río Anllóns en Ponteceso | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta