O Sergas alíase con Protección Civil para impedir aglomeracións como as vividas en Santiago

Polo momento a colaboración cínguese aos centros de vacinación da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, explicou que desde este mércores e ata o domingo membros de Protección Civil colaborarán co Sergas para evitar que se produzan aglomeracións como resultado da vacinación que se está realizando no recinto feiral. Sobre esta xornada, a coordinadora do grupo de vacinación Covid, Marta Mosquera, cualificouna de "bastante tranquila e fluída", aínda que admitiu a existencia de "moita xente". "Non se se porque non se respectan os horarios de vacinación".

Como a rexedora coruñesa, que animou á poboación a acudir a vacinarse para lograr a "inmunidade colectiva", Marta Mosquera instou tamén a facelo. "Vacinarnos todos e canto antes, todas as vacinas son boas", sentenciou a este respecto. No recinto feiral, segundo os datos que achegou, son 50 enfermeiras, distribuídas en 20 postos, as que se encargan de administrar a vacina, nunha xornada na que están citadas 6.700 persoas tras recibir un aviso por Sms.

Á súa chegada, teñen que descargar, se o seu móbil está habilitado para iso, un 'código Qr'. De non ser posible, un administrativo imprímello para poder ter acceso ao seu historial. En canto ao dispositivo establecido, a alcaldesa apuntou que tamén os membros de Protección Civil axudarán ás persoas para "ofrecer asistencia" con calquera problema que teñan despois dunha primeira xornada de vacinación na que indicou que se produciron "numerosas colas".

Unha enfermeira administra a vacina da Covid-19 a unha persoa na vacinación masiva do Sergas. CHUAC
Unha enfermeira administra a vacina da Covid-19 a unha persoa na vacinación masiva do Sergas. CHUAC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta