Ferrol quere converter a casa natal de Carvalho Calero, en ruínas, nun "complexo cultural e de servizos"

O inmoble arrastra anos de abandono e atópase nun importante estado de deterioro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/04/2021 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

O anteproxecto para recuperar a casa natal do escritor Ricardo Carvalho Calero pretende converter este espazo do barrio de Ferrol Vello nun auténtico "complexo cultural", de uso público e cun museo dedicado á figura do autor ferrolán.

Recreación da rehabilitación da casa de Carvalho Calero en Ferrol
Recreación da rehabilitación da casa de Carvalho Calero en Ferrol | Fonte: Concello de Ferrol.

O concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Julián Reina, presentou o anteproxecto do inmoble, propiedade do Concello desde hai máis dunha década e nun importante estado de abandono e deterioración que se agravou co paso do tempo.

A proposta elaborada desde a propia área de Urbanismo servirá para poder contratar o proxecto de execución, cuantificado en máis de 1,2 millóns de euros.

A actuación estaría apoiada con achegas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) ao amparo da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi) 'Ría de Ferrol, Cidade 2020' e do propio Concello .

Segundo detallou o edil ferrolán, o anteproxecto comprende unha actuación nos cinco inmobles propiedade do Concello na a zona. Concretamente os números 45, 47, 49 e 51 da rúa San Francisco e o número 14 da Praza Vella, onde a superficie construída chegaría aos 1.163 metros cadrados.

"Temos a intención de que estes inmobles se convertan nun complexo cultural e de servizos, e entre as posibilidades que barallamos está unha zona de usos múltiples, un espazo de coworking e a que sería casa Museo de Carvalho Calero, que marca a propia esencia da rehabilitación", ha detallou o edil socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta