32 postos de traballo para ‘modernizar' o Concello de Verín

O concello prepara un ambicioso plan de dixitalización e unha oferta de emprego público que cubra as prazas vacantes xeradas por baixas definitivas e/ou xubilacións nos últimos anos.

Por X.M. Fernández | Verín | 13/04/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Verín perdeu 27 traballadores/as municipais dende 2015, o que provoca que manteña un alarmante déficit de técnicos e traballadores especializados que lle impiden abordar novos proxectos.

Concello de Verín. Foto: XMF
Concello de Verín. Foto: XMF

Actualmente só conta con tres funcionarios de nivel A1, concentrados nas áreas de Urbanismo e Secretaría, e carece, por exemplo, de informático ou especialista en enxeñería para abordar os novos retos da administración local. O consistorio, para reverter esta situación, prepara un plan de dixitalización e una oferta de emprego público de 32 prazas (15 prazas fixas, e 17 temporais).

Dende o Grupo de Goberno informan de que "a situación é moi grave, porque nunca Verín acometeu tal cantidade de proxectos, pero nunca tivo tan poucos medios propios para informalos e desenvolvelos. Nunha época na que se prevé a chegada dos fondos Next Generation, ademais dos estruturais e todo tipo de subvencións, manter unha plantilla obsoleta é un suicidio para Verín".

Ante esta circunstancia, o Concello de Verín prepara un ambicioso plan de modernización, que pasa pola dixitalización de todos os servizos municipais, a introdución das novas tecnoloxías en todas ás áreas da administración local e a informatización do conxunto das actividades de xestión. E tamén un plan de emprego público que cubra as vacantes xeradas polas xubilacións nos últimos anos, especialmente destinadas aos postos técnicos necesarios e de especialistas como policías locais, para garantir uns servizos de calidade aos veciños de Verín. 

UN DÉFICIT TÉCNICO DUN 89% 

Segundo as disposicións legais orzamentarias, as áreas de gasto definidas na administración pública son 26. Tomando esta cifra orientativa como referencia, faltarían 23 técnicos superiores ou medios por área, das que ocupan e desenvolven os proxectos das 13 concellerías que ten o goberno, como asuntos sociais, medio ambiente ou facenda. 

Dende o concello sinalan que varios informes alertan da obsolescencia da plantilla, o que supón un importante lastre á hora de xestionar e un deterioro na administración local, indicando ademais que o 'dédicit técnico' está cifrado nun 89%. "Existen dous tipos de concellos --matizan desde a dirección municipal-- os que souberon adaptarse ao servizo público dos seus veciños, caso de Allariz en Galicia ou de Avilés en Asturias, e se converteron en referentes, e os que se deixaron asoballar polo paso do tempo e remataron en antigos e obsoleto".   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta