Unha publicación do Consello da Cultura contextualiza o fenómeno das Irmandandes da Fala

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2021 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Unha publicación dixital do Consello da Cultura Galega (CCG), con máis de 500 páxinas, contextualiza e revisa o fenómeno das Irmandandes da Fala.

'As Irmandades da Fala no seu tempo: perspectivas cruzadas' é o título da última publicación do CCG, que permite situar o movemento histórico no seu contexto actual, nunha análise comparada desde a perspectiva peninsular, europea e a súa dimensión americana e na diáspora.

O texto nútrese das conferencias realizadas entre 2016 e 2018 coas que o CCG conmemorou o centenario da fundación das Irmandades da Fala. Ramón Villares, Xosé Manoel Núñez Seixas e Ramón Máiz foron os coordinadores destas citas e da actual publicación.

Este tres expertos participan nunha conversación, que foi gravada previamente, que desde este sábado está dispoñible na web da institución, do mesmo xeito que a publicación.

O volume está dividido en tres seccións, que contan coa participación de historiadores, politólogos e lingüistas, como son Johannes Kabatek, Joep Leerssen, Justo Beramendi, Isabel Burdiel, Borja de Riquer, José Luís de la Granja Sainz, Alfonso Iglesias Amorín, Henrique Monteagudo, Emilio Xose Ínsua, Raúl Soutelo, Carlos Pazos- Justo, Pilar Cagiao e os tres coordinadores.

De tal forma, a obra repasa o desenvolvemento político das nacionalidades en Europa durante a Primeira Guerra Mundial, con atención ao contexto peninsular, desde os postulados rexionalistas de Emilia Pardo Bazán ata as estratexias vascas e catalás. Igualmente, abórdase o emerxente nacionalismo galego e a súa pegada en países como Cuba e Uruguai.

Irmandandes dá Fala. CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Irmandandes dá Fala. CONSELLO DA CULTURA GALEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta