Por Xurxo Salgado | Compostela | 03/10/2013 | Actualizada ás 14:38
O Estado español recortará un 20% o seu financiamento a Real Academia Galega (RAG) tal e como recollen o Orzamento Xeral do Estado para 2014. Sen embargo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo comprometéuse este xoves a facerse cargo da cantidade que o Goberno español deixará de ingresarlle á academia galega, case 70.000 euros.
E é que a RAG pasará de recibir en 2014 273.000 euros fronte aos 341.000 que acadou nas contas do Estado deste ano. Por iso, Feijóo foi tallante no seu compromiso coa máxima institución de defensa da lingua. "Nós tentaremos que no 2014 a baixada dos ingresos estatais non afecte á RAG para que se manteña ao mesmo nivel que outras academias", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
En todo caso, tamén amosou o seu desexo de que no financiamento da RAG participen outras entidades. "Agardo que sexamos capaces de facelo entre todos", matizou ao tempo que lembrou o seu "firme compromiso" con esta institución.
Neste sentido, lembrou que foi, durante o seu mandato, cando se conseguiu unha reivindicación histórica, xa que, "por primeira vez na Historia, a RAG en igualdade de condicións económicas que as academias de Cataluña e Euskadi".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.