A Cámara pide a Xunta e Adif que traballen xuntos para a mellora da cobertura de fibra óptica e móbiles

Insta á Xunta a colaborar co administrador de infraestruturas ferroviarias para levar e mellorar a conexión 5G no rural de Galicia e, ademais, a solicitar do Goberno central varias actuacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Parlamento galego pide que Xunta e Adif colaboren para mellorar a cobertura de fibra óptica e móbiles, a través dunha proposta do PSOE que transaccionou cunha emenda do PP na comisión de industria, enerxía, comercio e turismo.

En concreto, insta á Xunta a colaborar co administrador de infraestruturas ferroviarias para levar e mellorar a conexión 5G no rural de Galicia e, ademais, a solicitar do Goberno central varias actuacións. A primeira delas é "que o Adif colabore co Goberno autonómico na execución de actuacións de mellora da cobertura de redes de fibra óptica e móbiles no territorio galego".

A segunda, realizar un mapa de infraestruturas "susceptibles de ser usadas para o despregamento de redes de telecomunicacións, contando coa colaboración necesaria da Xunta para o inventariado" das mesmas.

E, a terceira, trátase de definir e pór en marcha mecanismos e/ou acordos de colaboración co operador público Retegal para o aproveitamento das súas infraestruturas existentes por parte de operadores privados, así como para a posta en marcha de actuacións "complementarias".

COMERCIO DA MARIÑA

Na mesma comisión, o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, respondeu ao popular José Manuel Balseiro que o comercio da comarca luguesa da Mariña "está a usar" os instrumentos de apoio habilitados pola Xunta, con 117 negocios beneficiados en 2020 por axudas para dixitalización, modernización, expansión comercial e outros conceptos.

No relativo aos plans de rescate fronte á crise da covid, o alto cargo cifrou en 118 os establecementos que percibiron axudas do primeiro, mentres están aínda "resolvéndose" as do segundo e "traballándose" no terceiro, "cando se reciban os fondos do estado".

Precisamente respecto diso, Balseiro criticou que, en contra da maneira de actuar da Xunta, "outras administracións habilitan tarde mal e a rastro os plans de apoio, e fano unha vez máis discriminando a Galicia".

Feijóo comparece no Parlamento.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo comparece no Parlamento.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta