Ve a luz unha novela inédita de Pardo Bazán no centenario do seu falacemento

'Os misterios de Selva" é a continuación doutra novela que ten como protagonista a Selva, "o Sherlock Holmes de Pardo Bazán".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

'Selva' é a novela inédita, de xénero policiaco, da escritora galega Emilia Pardo Bazán que verá a luz de mans da editorial Ézaro, coincidindo co ano do centenario do falecemento da literata.

O volume, que leva o título de 'Os misterios de Selva', incorpora 'A pinga de sangue' (1911), a única novela policíaca publicada en vida da autora. Selva, "o Sherlock Holmes de Pardo Bazán", é o protagonista de ambas as novelas, as súas únicas obras deste xénero.

A novela agora publicada ten referencias ao primeiro caso resolto polo detective en 'A pinga de sangue', que nesta nova edición recupera as ilustracións da orixinal, en formato revista, realizadas por Pueyo.

Mentres tanto, a inédita 'Selva' conta con ilustracións de Mere Merola, orixinais para esta edición, cuxo responsable foi José María Paz Gago. Sobre el, Ézaro explicou nun comunicado que "traballou na recuperación do manuscrito de 170 cuartillas mecanografiadas atopadas entre o legado que deixou a filla de Pardo Bazán, María das Neves, á Real Academia Galega".

Emilia Pardo Bazán. RAG
Emilia Pardo Bazán. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta