A Xunta refinancia ao grupo de El Correo Gallego con 1,2 millóns

O IGAPE concédelle un aval a Editorial Compostela, S.A. O Consello de Contas xa chamou a atención sobre unha serie de "riscos e ameazas" deste tipo de avais ante a posibilidade de que, finalmente, non sexan devoltos e teñan os galegos que asumir eses gastos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O pasado 30 de abril, Editorial compostela, S.A., o grupo matriz de El Correo Gallego, Radio Obradoiro e Correo TV, recibiu un aval por parte do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). O acordo foi publicitado case cinco meses despois no Diario Oficial de Galicia.

Sen embargo, na orde publicada no DOG non figura os motivos polos que a Xunta decidiu darlle este aval de tal cantidade a un medio de comunicación que, desde hai tres anos, leva despedindo traballadores e realizando ERE's temporais. De feito, e segundo as fontes consultadas, a situación económica desta empresa é "alarmante" e podería estar preto da "quebra técnica".

O obxectivo dos créditos do IGAPE

O IGAPE concede estes avais para apoiar plans de viabilidade de empresas, para apoiar accións que sexan consecuencia de plans e programas sectoriais de competitividade ou para o apoio e promoción de novas empresas ou ampliación das existentes. Segundo estas fontes, os cartos que a Xunta lle deu á Editorial Compostela son para realizar un plan de viabilidade. 

 

Para este tipo de operacións, a duración do aval concedido non excederá de cinco anos nos casos de reconversión e reestruturación de empresas e consistirán na prestación de aval ás empresas beneficiarias perante as entidades de crédito ou establecementos financeiros de crédito legalmente establecidos. O aval terá un carácter subsidiario e a comisión anual non será superior ao 1% do importe do aval.

 

Para obter este aval, Editorial Compostela tivo que entregar, supostamente, un plan económico-financeiro, elaborado por unha auditoría independente, para facer viable a continuidade da empresa.

Por que a fábrica de armas da Coruña non?

A concesión do crédito a este grupo de comunicación contrasta coas dificultades que a Xunta lle está poñendo ao proxecto para o futuro da fábrica de armas da Coruña. Neste caso, o presidente do IGAPE ten insistido en numerosas ocasións que quere un proxecto "que cumpra os requisitos".

 

Uns requisitos que pasan por "contar cun socio industrial, con solvencia financeira e un plan de negocio definido". Sen embargo, nalgúns dos créditos concedidos, este órgano da Xunta non foi tan escrupuloso cos requisitos, xa que algúns corren o risco de non ser cobrados, precisamente, por falta de solvencia financieira.

Os riscos destes avais

E é que este tipo de préstamos ten os seus riscos, sobre todo, para os petos dos galegos. O pasado ano, o Consello de Contas, chamou a atención sobre unha serie de "riscos e ameazas" que poderían "afectar á sustentabilidade financeira de todo o sector". E o principal destes riscos sitúase, segundo Contas, no IGAPE cuxa misión pasa por favorecer a creación de empresas e atraer investimentos. 

 

"Algunha das operacións realizadas pode ter unha repercusión futura nas contas públicas e mesmo obrigar á Xunta a facerlle inxeccións de capital", alertaba no seu informe este órgano. Ademais, suliñaba que nos "últimos anos o Igape incrementou notablemente a concesión de avais a operacións de préstamo ou crédito, cuxo risco é asumido pola administración autonómica". 

 

Para estas operacións, o IGAPE acudiu ao Banco Europeo de Investimentos. Pero a finais de 2010, o saldo dos créditos concedidos por esta vía ascendía a 82,4 millóns, "dos que 14,3 foron considerados de dubidoso cobro" polo propio IGAPE. "A situación económica pode afectar considerablemente á recuperabilidad dos importes concedidos", avisa Contas. "Non se debe esquecer que estas operacións si poden ter unha repercusión futura nas contas públicas, xa que se os prestatarios non poden devolver o financiamento concedido será necesario facer inxeccións de capital no Igape para que atenda os pagos do BEI", explica.

 

Para cubrir posibles imprevistos, nas contas do ente público figura unha provisión de 12,9 millóns "por aqueles avais que estima que poden ser reclamados e aos que tería que facer fronte", mentres que "a administración autónomica non ten dotado un fondo baseado na valoración do risco existente que puidese facer fronte aos eventuais avais errados". A finais de 2010, con todo, "o risco vivo" das operacións avalistas do Igape era de 294,5 millóns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 Doutor Ju

"O Consello de Contas me la sopla, ¿vale?. Non imos perder o control da propaganda por catro durillos, que aínda por riba financiamolos gratis a conta destes parvos" A.N.F. (El Gran Administrador)

8 Hermerico

"fináncia Ao", GC, jornalismo rigorosamente castrapista

1 lois

Non podía faltar o lusista de turno. Cando a cousa é gratis, os lusistas saen debaixo das pedras a largar os seus panfletos, e a insultar a todos os que non escriben en portugués ou sexa, a todos agás eles: curiosa paranoia .

2 Doutor Ju

Un conflito lingüistico! Xa se votaba de menos! Fai polo menos 5 minutos que non vía un. É moi de agradecer que todos os problemas dun país reduzanse para algúns sempre a mesma m**da

7 anonimo

que tome nota o biparty de como se goberna un país¡¡ a xente non entende de autoestradas, nin de centros de maiores, nin de clústeres empresariais, nin de exportacións, nin nada diso. A meirande parte da xente guíase polo que din as voces e os correos, así nos vai.... eran 600.000 os que votaron ó pp non si¡¡ pois a Murcia¡¡¡ polas noticias deste xornal, tamén vai camiño de aventurar que xa pasaron por aiquí os do talegómetro

6 galegoexiliado

¿Que tén de raro?. É normal que os franquistas financien a Prensa del Movimiento.

5 Seneca

Non ten sentido levarse as mans a cabeza. Hai lustros que todos sabemos o que pasa, que os nosos impostos para financiar a prensa afín ao réxime. Quedan dúas opcións, ou facerse a vítima ou apoiar os medios en galego, a este e a moitos outros.