Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/06/2006 | Actualizada ás 20:00
Entón a delegación do BBVA en San Lázaro (Santiago de Compostela) resultou danada por un artefacto incendiario e outros, moi semellantes ós localizados en Cacheiras e Brión, foron atopados nunha urbanización en Teo. Estas accións foron reivindicadas por grupos independentistas, a pesares de que, tamén, nun primeiro momento, a policía relacionounos con movementos anarquistas.
Nesa mensaxe lembraban que á prensa e aos políticos "custa-lhe admitir que na Galiza estamos dispost@s a utilizar o lume as vezes que faga falta contra quem destroça o território". Un aseveración que non só aplican ao urbanismo descontrolado senon as grandes obras de infraestructuras. Por iso, non se descarta que nos vindeiros días haxa tamén unha reivindicación destas accións neste senso.
As forzas de seguridade investigan no entorno de Briga e, principalmente, no da AMI, e non descartan que nos vindeiros días se produzan detencións. Relacionan estas accións coa deriva radical que nos últimos meses están adoptando diferentes grupos do independentismo galego e que comezaron co estoupido dunha carta bomba a un ex militante da AMI na Coruña.
Dende entón sucederonse varias accións semellantes a do pasado sábado, a máis significativa, a bomba colocada nun caixero en Santiago en xullo do pasado ano pola que foron detidos Ugio Caamanho e Xiana Rodrigues. En resposta a esta acción, en novembro, a Policía Nacional detiña a dez independentistas nunha ampla operación policial que culminaba, días despois, coa liberación de todos eles.
As fontes consultadas apuntan que o independentismo radical está modificando o seu modus operandi. "Agora evitan as datas sinaladas, como o 17 de maio ou o 25 de xullo, e centran as súas accións en días festivos ou con grande concentración de xente para tentar pasar desapercibidos", sinalan. Ademáis, relacionan esta última sabotaxe coa presentación a pasada semana da plataforma 'Que voltem à casa!, que denuncia as condicións de vida penitenciaria de Ugio Caamanho e Xiana Rodrígues.
Máis información en Galizalivre.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.