Dispáranse as solicitudes de galegos no exterior para cursar mestrados gratuítos en Galicia

Vén da man dunha bolsa da Secretaría Xeral da Emigración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A convocatoria de bolsas 'Beme' da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta que permite que galegos e descendentes de galegos no exterior volvan a Galicia para cursar un máster universitario alcanzou unha cifra récord de solicitudes, cun total de 470. Segundo cifras do Goberno galego, as peticións formalizadas para o próximo curso 2021/22 supuxeron un crecemento do 55 por cento sobre as do ano anterior.

A esta convocatoria concorreron galegos e descendentes de galegos dunha trintena de países distintos, destacando Arxentina entre os americanos e Reino Unido entre os europeos. Ademais, Emigración destaca que este ano se presentaron universitarios de estados que nunca solicitaran esta bolsa, entre eles Cabo Verde, Dinamarca, Guatemala e Perú.

Para a presente convocatoria, a Xunta destina 1,72 millóns de euros co obxectivo de captar un total de 200 titulados universitarios de currículo brillantes e residentes no estranxeiro para que volvan a Galicia a cursar un máster. A bolsa, cuxo importe oscila entre os 7.000 e os 7.650 euros --segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo-- por curso completo de 60 créditos, cobre os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e mantemento no territorio galego.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta