Máis de 544.880 galegos xa están inmunizados contra a covid-19

Un 75,4% dos maiores de 50 anos recibiron en Galicia polo menos unha dose da vacina

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/05/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Os cidadáns que contan xa coa pauta vacunal completa contra a Covid-19 ascenden a 544.883 en Galicia, que supoñen 876 máis que a xornada anterior, o que implica que o 23,06% das persoas susceptibles de vacinarse na Comunidade galega están inmunizadas.

Así, despréndense dos datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade no "Cronómetro de vacinación" con rexistros ata o peche da xornada de vacinación deste luns, ata a que se administraron 1.608.385 doses -1.075 máis- das 1.742.275 recibidas ata a data -97.110 máis que as almacenadas ata o día anterior-, o que supón un 92,31%.

Deste xeito, as persoas vacinadas con polo menos unha picada ascenden a 1.075.850 no conxunto de Galicia, o que supón 269 máis que as rexistradas ata o día anterior. Por tanto, pódese deducir que a xornada deste luns centrouse en administrar segundas doses.

Por grupos de poboación vacinados por condición de vulnerabilidade administrouse polo menos unha dose a 13.085 persoas de alto risco -29 máis que a xornada anterior- e 10.454 completaron a pauta (699 máis); mentres que 17.108 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose -sen cambios- e 15.241 contan coa pauta completa -tres máis-.

Mentres, 23.640 persoas institucionalizadas -que se empezaron a vacinar o 27 de decembro de 2020- recibiron polo menos unha picada -sen cambios- e 23.054 finalizaron o proceso -igual.

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 74.764 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose -tres máis- e 56.701 completaron o proceso --24 máis-, mentres que se administrou polo menos unha dose a 29.606 profesionais do ámbito sociosanitario -cinco máis- e 19.575 contan coa pauta vacunal completa -31 máis-.

Así mesmo, inoculouse polo menos unha dose da vacina contra este coronavirus a 62.402 traballadores esenciais -17 máis- e 2.326 completaron o proceso -dous máis-.

GRUPOS DE IDADE

Segundo a idade foron vacinadas ata a data 855.237 persoas con polo menos unha dose en Galicia, que supoñen 215 máis que a xornada anterior, e completaron a pauta 417.533 -un total de 117 máis-.

En concreto, ata a data foron vacinadas 129.597 persoas maiores de 85 anos (+1); 95.031 de 80 a 84 anos; 131.690 de 75 a 79 anos; 146.638 de 70 a 74 anos (+4); 147.963 de 65 a 69 anos (+52); 163.410 de 60 a 64 anos (+111); 110.497 de 55 a 59 anos (+21); e 38.833 de 50 a 54 anos (+11).

Por tanto, ata o momento recibiron polo menos unha dose 963.660 persoas maiores de 50 anos no conxunto de Galicia, que supoñen un 75,46 por cento as persoas a vacinar desas idades.

Indicacións para o punto de vacinación nun hospital / M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Indicacións para o punto de vacinación nun hospital / M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta