Apertura de expediente no BNG por apoiar a Israel

Comentannos que o Consello Comarcal do BNG de Vigo deu un prazo de 15 días ao militante Pedro Gómez-Valadés para renunciar á Presidencia da recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/02/2007 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

 A situación remóntase a hai uns meses, cando un militante desa comarca pasou a presidir a recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel, da que se fixo eco o seu confidencial. A asociación naceu para dar a coñecer a situación do conflicto árabe israelí dende a perspectiva de Israel, así como traballar contra a banalización da Shoá e outras actividades de carácter cultural.

Logo diso, comenzou a circular pola CIG de Vigo o rumor de que o citado militante, no fondo, facía todo isto porque estaba a soldo do Mossad. Lembro que, cando tal cousa oín, índa me botei unhas risas a conta da imaxinación que teñen algúns. Pero a cousa non quedou ahí.

Na Executiva Comarcal incluíuse un punto para tratar a "grave situación" que supuña a súa discordancia coa postura maioritaria no so do Bloque. Posteriormente, na Asamblea Local exixiron medidas contundentes contra ese militante, por terse atrevido a pensar distinto. O seguinte paso neste proceso foi tramita-lo asunto ante o Consello Local, que dada a magnitude da herexía decidiu remitírllelo, a súa vez, ó Consello Comarcal. Este último, cos votos da UPG, decidiu abrille un expediente, suspendelo de militancia e expulsar ó militante, se ben, nun alarde de democracia interna, doulle un prazo de quince días para abandoa-la asociación e volver ante o Consello Comarcal para implorar perdón pola súa conducta desviada. Nese prazo estamos agora.

Cando o citado militante asumiu a presidencia non o fixo como representante do Bloque Nacionalista Galego, senón a título persoal, coma parte da súa vida privada. De feito, o BNG nin sequera respondeu á invitación formal que se lle fixo dende a asociación para estar presente no seu acto de constitución, cousa que sí fixeron as demáis forzas políticas convidadas. É pois, absurdo, alegar, coma se está facendo, que a sua pertenza a título individual a esa organización é unha agresión ó BNG, ou a non menos absurda idea de que pode levar a confusión acerca da postura mairotiraria no seo da fronte. Anque tódolos militantes menos un pensasen deste xeito, a ese un haille que respeta-lo seu dereito á liberdade de expersión. Se confundimos a democracia coa ditadura da maioría podemos acabar xustificando o inxustificable. O BNG, no canto de ser respetuoso coa pluralidade interna da fronte, o que está a facer é deixar ben ás claras que, á hora da verdade, non é máis que a correa de transmisión da Unión do Pobo Galego". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

4 o moinante

O problema nom é com umha religiom senom com um Estado racista e genocida.

3 xxx

os nazis foron os que apoiaron a Franco, Xosé Castro, e os galegos e os xudeos padecemos a ámbolos http://www.elcorreogallego.es/index...

2 Farto de Vassalos

Um erro lamentavel do bloco regional populista.

1 Xosé Castro

Veña, veña, que lle corten a cabeza. Que aquí, desde os tempos inmemoriais de Franco (que home!), todos somos amigos dos musulmáns, e incluso algúns militan na Al Qaeda de merda. Ademais, un nazionalista amigo dos que mataron a Cristo (que deus!) non se pode consentir. Os nazionalistas só poden adorar a unha virxe: a patria...

Pero, a patria unha virxe? Creo que me trabuquei. As patrias, como as prostitutas, deitanse con calquera.