Máis de 25 localidades galegas protestan contra o "apartheid" de Israel contra Palestina

"Galiza coa Palestina. Paremos o xenocidio", foi o lema de todas as protestas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 21:37

Comparte esta noticia

Máis de 25 localidades galegas acolleron na tarde deste martes diferentes concentracións e mobilizacións en solidariedade co pobo palestino.

Estas protestas realizáronse nas sete cidades, pero tamén en municipios de menor tamaño como Cee, Allariz e Ponteareas, entre outros.

Baixo a lema 'Galiza coa Palestina. Paremos o xenocidio' celebráronse estas mobilizacións, nas que se puideron ver bandeiras palestinas e realizáronse cánticos en contra dos bombardeos de Israel.

A coordinadora Palestina.gal confirmaron a celebración de 28 concentracións en contra do "xenocidio e apartheid que lle inflinge o Estado israelí" a Palestina. Denuncia as agresións que o pobo palestino sofre desde 1948, que padece un "insufrible" día a día.

Concentración en Santiago en solidariedade con Palestina
Concentración en Santiago en solidariedade con Palestina | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta