O acusado de tentar abusar sexualmente doutro interno na DomusVi de Bóveda nega os feitos

O incidente foi abortado por unha das traballadoras do centro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este mércores o inicio do xuízo a un usuario da residencia de maiores DomusVi de Bóveda, acusado de tentar abusar sexualmente doutro interno do centro afectado por unha deterioración cognitiva grave.

O procesado negou os feitos que se lle imputan durante a súa comparecencia ante o tribunal e que se rexistraron o 28 de decembro de 2017. O residente está acusado de tentar agredir sexualmente a un compañeiro do xeriátrico que sofre unha encefalopatía con neuritis tóxica etílica e epilepsia alcohólica, patoloxía pola que presenta unha deterioración cognitiva grave que o fai ser dependente nas tarefas da vida diaria.

Así, o ministerio público sostén que o acusado entrou na habitación da vítima e, aproveitándose da súa condición, baixouse os pantalóns e fixo o mesmo cos do agredido para empuxalo contra unha parede e fregarse contra el. O incidente foi abortado por unha das traballadoras do centro.

A Fiscalía impútalle un delito de abuso sexual en grao de tentativa, polo que pide tres anos e medio de prisión, outros dous en réxime de liberdade vixiada e unha indemnización de dez mil euros. Na vista celebrada este mércores, o procesado asegurou que levaba "ben" coa vítima, pero negou a agresión ou que tentase "fregarse" ou penetrarlle.

O acusado limitouse a sinalar que el fora ao baño, onde se atopaba o presunto agredido. Nese momento, segundo o seu relato, tentou que a vítima se soltase dunha barra de apoio á que se aferraba a unha barra soltásea e sinalou que este xa se baixou os pantalóns coa intención de ouriñar.

A letrada da defensa, Anabel Rodríguez, anticipou momentos antes de entrar en sala que ía expor "a libre absolución porque non existe delito de ningún tipo". "Non existiu delito, nin houbo tentativa nin houbo nada", despachaba.

Xuízo por suposto abuso sexual ao usuario dun xeriátrico de Bóveda.
Xuízo por suposto abuso sexual ao usuario dun xeriátrico de Bóveda. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta