Pardo Bazán 'regresa' ao seu "pazo do recordo" de Liñares

A representación teatral estivo impulsada pola Deputación de Pontevedra.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 30/05/2021 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

Unha peza teatral, programada pola Deputación de Pontevedra con motivo dos actos cos que está a conmemorar o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, trouxo de volta á escritora coruñesa ao seu "Pazo do recordo", o Pazo lalinense de Liñares. A visita teatralizada celebrouse con aforamento reducido, por mor da pandemia, e coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde, Xosé Crespo.

Silva presentou esta peza, a medio camiño entre o teatro e a promoción turística, definindo a Pardo Bazán como "unha muller feminista, rebelde e poderosa, co talento necesario para tocar todas as actividades do ser humano nun tempo no que todo era moi difícil". A representación comezou ao mediodía, tras a benvida de Carmela Silva, e tivo unha hora de duración. Entre o público estaban tamén a deputada de Cultura, Victoria Alonso, e a concelleira de Cultura, Begoña Blanco.

Visita teatralizada de Pardo Bazán ao Pazo de Liñares
Visita teatralizada de Pardo Bazán ao Pazo de Liñares | Fonte: Deputación de Pontevedra

AVISO DE AREEIRO

Por outra banda, este sábado a Deputación de Pontevedra informou da posta en marcha de novas actuacións de conservación de firmes en 64 estradas provinciais que transcorren por 28 concellos, cun investimento de 2,1 millóns de euros. Así mesmo, informou que a Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da institución provincial, lanzou un novo aviso fitosanitario no que segue recomendando a revisión das vides fronte ao mildio, aínda que estean tratadas, así como a renovación dos tratamentos contra esta enfermidade naquelas vides que estean próximas a concluír a protección ou que xa estean fose dela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta