Por E.P. | OURENSE | 30/05/2021 | Actualizada ás 20:15
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destaca en declaracións a Nós TV --nunha reportaxe que analiza a lusofonía desde os puntos de vista histórico, cultural e político-- que o feito de que Ourense vaia acoller a sede mundial da Casa da Lusofonía "situará á provincia como referente da cultura lusófona no mundo, coa lingua, a historia e a identidade como canles de unión de xentes e territorios".
Precisamente, Baltar, impulsor desta iniciativa, asinou hai semanas co secretario xeral da Associaçao Impulsora da Casa da Lusofonía, Xosé Carlos Morell, un convenio de colaboración que permitirá instalar en Ourense a súa sede, dentro da rede de instalacións destas características que posúe o Ministerio de Asuntos Exteriores e a Unión Europea.
O presidente do goberno provincial destaca que esa relación, "a nivel lingüístico, cultural, identitario, social e económico que teñen organizacións tan potentes como as de países con lingua portuguesa, fai que este proxecto transcenda fronteiras e sexa aglutinador de culturas e sociedades", e destaca o papel que desenvolve a Associação Impulsora da Casa da Lusofonía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.