Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 13:02
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 62 persoas debido a 41 accidentes de tráfico rexistrados durante o pasado fin de semana na rede viaria da Comunidade galega, das que unha faleceu.
Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 28 de maio e as 23,59 horas do domingo 30 un total de 54 chamadas en relación con estes sinistros. A xornada con máis incidentes foi a do sábado, con 17.
Os recursos mobilizados polo 061 ascenderon a 49. En concreto, as ambulancias prestaron asistencia en 45 ocasións e os equipos sanitarios de Atención Primaria acudiron a catro accidentes.
En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 13 ocasións recibiron atención no lugar do accidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.
A proporción de homes atendida ascendeu ao 51 por cento e a de mulleres situouse no 49%. En canto ás idades dos feridos, o 36% dos asistidos tiña entre 15 e 29 anos.
Por provincias, a da Coruña foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana, con 18; seguida de Lugo, con 10; Pontevedra, con oito; e Ourense, con cinco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.