EN apoia ao presidente da AGAI

Un grupo de militantes do BNG próximos a Esquerda Nacionalista (EN) solicitan a mediación do candidato á Alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, para impedir o que consideran unha "caza de bruxas" da UPG contra Pedro Gómez-Valadés, presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) por uns feitos que xa contamos a pasada semana aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/02/2007 | Actualizada ás 00:11

Comparte esta noticia

O grupo de apoio a Gómez-Valadés anima aos militantes a que lle envíen a Olveira esta carta:

Estimado Santi:

Como seguramente xa será do teu coñecemento, por parte da U.P.G. estase a promover a expulsión dun compañeiro teu do B.N.G. por razóns unicamente Racistas ao pertencer este militante a Asociación Galega de Amizade con Israel. Compartiras con migo en que é un atropelo propio de situacións fascistas stalinistas contra a liberdade de expresión, de asociación e pensamento.

Este atropelo inxustificado contra este compañeiro xusto antes da campaña das municipais é absolutamente inoportuno e a UPG debería darse de conta o dano que pode chegar a causar ao diminuír as nosas grandes expectativas que temos depositadas en ti como Candidato a Alcaldía da Cidade de Vigo.

Por iso, e apelando a túa gran experiencia como persoa de consenso e talante, propio de ti, e motivo polo que por unanimidade elixímoste como o Noso Candidato, propóñote como mediador neste despropósito e ao mesmo tempo deixar claramente plasmado o gran carisma que espertas na militancia do B.N.G.

Na esperanza de que podas chegar a un acordo, antes das eleccións municipais, no que quede claro que a pertenza do teu compañeiro a AGAI non e incompatible coa militancia activa non BNG, despídese cunha forte aperta,

Asdo._______________

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

20 Pedro Madruga

Estimados amigos:

Quixer comunicar que dende o asasinato do Kennedy para aquí Esquerda Nacionalista está presente en canto movemento de magnicidio hai, incluido aquel. Asegúranme fahacientemente estivo infiltrada mesmo na KGB para lograr a caída do muro de Aceiro situado en Berlin, por suposto,ben pagada pola CIA. Ultimamante traballa para a MOSSAD, procurando distruir o nacionalismo galego pola sua influencia internacional, decisiva no conflicto de Oriente Medio.

Temos que agruparnos para eliminar este grupo. Para proceder a sua liquidación enviovos pistas para os encontraren, non os busquedes en traballadores do común (camareiros ,carpinteiros, mariñeiros, electricistas, fontaneiros...) NON, tampouco se vos ocurra mirar en avogadas, inxeñeiros, médicos, informáticos, mestres, paradas...) NON tampouco aí están, e moito menos entre os mozos e mozas universitarios ou traballadores aí tamén NON , non, non os buaquedes.

Buscadeos e non fracasaredes alí onde avivan os “trepas” e “sambesugas” característica desta ralea de xente. Buscadeos entre os Conselleiros, entre os asesores múltiples dos mesmos e das suas Consellerías e diversidade de Institutos e Consellos alí están, buscadeos entre parlamentarios , deputados, deputados e senadores alí están, buscadeos nos postos de mayor releváncia do B.N.G. alí están, buscadeos nos liberados do B.N.G. e das distintas plataformas nacionalistas alí tamén os atoparedes sempre vevindo da sopa boba, hai que exterminalos ben o merecen.

Mais o peor de todo xa está localizado é un tal Alberte vive a conta de todos e todas, posuindo infinidade de pisos e inmoveis, tendo un despacho cutre do acaban do marchar afamados abogados laboralistas aos que nada ensinou nen abonou, aa boa vontade dos mesmos polo ben do país foi non requirirlle nada a somellante sinvergonza. Só queda o infeliz do seu socio e máis os trepas e a sambesugas de Esquerda Nacionalista.

Polo que vos pido todo o voso apoio para finiquitar semellante banda de folgazas, trepas, sambesuas e un longo etc. En definitiva, esta caterva de impresentaveis que nunca deron un pao na agua pola nosa preciada Galiza. Defendamos o Santo Grial con todas as nosas forzas.

Atentamente,

Pedro Madruga.

Adiante. Incluso se atreven a mandar notas a prensa dos resultados antes de celebrar as proprias asembleias. Menudos elementos.

19 Juan Nadie

No conozco muy bien al tal Alberte. Pero es evidente que alguien miente sobre él. Sea quien lo defiende, sea quienes lo atacan. Si es verdad lo de la competencia desleal a la CIG es algo muy grave es un señor de "esquerdas". Y si es mentira, es muy triste que alguien lo invente para cargarse a un "compañeiro".

18 Xurxo

Alberte Xulho chegou a Galiza cunha mao diante e outra detrais. Nada tiña, todo llo debe a CIG e o BNG.

Eche un home moi agradable. Pero é un falsario. Unha mágoa, pois tiña moitas aptitudes para chegar moi lonxe e servir á Patria. Pero a mezquindade pode con el. Non vou entrar no que en Lugo todos saben. Non paga a pena. El é así. Todos o vimos na Asemblea Nacional. Outros, coma Camilo, amosaron ben máis clase. Pero é que non hai color. Camilo terá as súas cousas, coma todos, pero é un cabaleiro. O Alberte Xulho un langrán. Unha mágoa, porque as ideas de EN non son malas. Acabou a mal, pero moi mal, ca meirande parte da xente que estivo profesionalmente preto del. Por algo será.

17 Breixo

Esquencín dicirche, aprezado Pedro Madruga, que se o teu inciso final significa que Portas vai ir nas listas de Compostela, dasme unha ledicia enorme, pois é unha boa noticia pró nacionalismo galego. Lembra sempre que unha cousa é EN e outra Alberte. Non o sabes, pero algún día caerás do cabalo, coma moitos de nós.

16 Breixo

Estimado Pedro Madruga, non creas que debezo por polemizar contigo, pois posiblemente estaríamos de acordo na meirande parte das cousas, como o modelo de País, o modelo de loita nacional, endexamais botaríamos a alguén por opinar que Israel é millo ca Palestina ou viceversa. Por certo, no que a Israel atinxe, e reitero que hoxendía coido que é Israel o principal responsable da situación, nembargantes, ós upegallos compriría lembrarlles (pois unha chea deles son ben ignorantiños) que o sionismo naceu coma un movemento nacionalista, laico e maiormente de esquerdas. Ou seña, como o BNG mesmo. Isto non obsta a que, co devalar do tempo, o sionismo, como di un proverbio maia, para prantar o seu xardín tivo que destruír o do veciño. Pero en fin, non te escribo para contarche a historia (e maila histeria) do "pobo elixido", senon pra esclarecerche as andainas do ínclito Alberte, galopín onde os haxa.

Podesme crer que, se non fose certo o que digo, estas liñas endaxamais existirían, e falaría de Israel, o sionismo, o nacionalismo árabe laico e -inicialmente tamén- de esquerdas (o Baás), temas abondo máis fermosos. Nembargantes, a realidade dos feitos obrígame, por imperativo moral, a descender ó submundo das miserias.

Dis que ten un despacho de entre 11 e 14 avogados. Iso é falso. Na actualidade son tres.

Dislle ó Apóstata que é de coña que os avogados que marcharon, en sendo laboralistas, non lle puxeron unha denuncia. Esqueces que tales avogados marchan precisamente coa entrada en vigor da nova Lei da Avogacía. E fano por mor do xeito en que o ínclito pretendía sortear as obrigas sociais que tal Lei impón. Tales avogados, no canto de rifar en público, optaron por marchar, a sabiendas de que o Alberte por si só non é quen de levar o despacho (traballar dá moito chollo).

No tocante a que as decisións son compartidas, en clara referencia ó outro socio do despacho, coido que tes toda a razón do mundo; e precisamente é algo que os que marcharon non acaban de comprender: o comportamento do "outro socio". Malia todo, o "outro socio" foi convidado á inauguración dos despachos dos fuxidos, mais a Alberte ninguén o convidou.

Respecto a que a CIG tivo que baixar as súas pretensións e chegar a un acordo con el, coido que o propio Alberte é a túa fonte d einformación. Se non saberías que o que baixou, e moitísimo por certo, as iniciais pretensións económicas foi o inefable Alberte. Seica lle pagaron arredor do 30% do que, de gañar Alberte o preito, lle correspondería. En fin, coma tantas veces, o Alberte xogaba de farol. Pero desta volta raxouse. E que saibas que o Alberte nunca pactaba, cando defendía a outros, por tan pouco, preferindo arriscar a ver se sacaba algo. ¡Ai machiño!, pero el non tivo "huevos" a entrar ó xuízo, e aceptou o 30%.

Aludes, se ben moi cripticamente, a un conselleiro; e dis que foi a persoa que peores resultados sacou en Lugo. Meu amigo, outravolta faltas á verdade; a persoa que peores resultados sacou en Lugo foi a mesma persoa que millores resultados sacou en Lugo. Explícome, o Alberte presentouse varias veces: unhas non saíu, outra saíu el só, e na terceira vez saíron tres. O candidato era sempre o mesmo, pero non os resultados. O conselleiro sacou dous deputados. Se cadra o feito de que os ciclos políticos trocaran algo ten que ver isto. ¿Ou non? Ou o feito de que canda Alberte sempre se presentaba Beiras, namentres que o conselleiro se presenta canda o Quin.

Finalmente, a referencia a os máis proxímos do conselleiro tamén se beneficiaron é unha miguiña tendenciosa; sobor de todo vindo de alguén que defende en público ó Alberte

Por certo, e pra min é abondo significativo, na túa contestación ó Apóstata, nada dis sobre a mediciña pública e a mediciña privada. ¿Cómo explicas que alguén sexa traballador da CIG como avogado a xornada completa e ó mesmo tempo se adique tamén a xornada completa a un despacho no que leva as mesmas materias ca na CIG? ¿Cómo explicas que a xente fose á consulta privada pagando moito por algo que "en teoría" podía acadar na consulta da CIG gratis e co memso avogado? ¿Habería a mesma atención ou a xente é parva? En fin, moi de esquerdas non é a cousa. e ollo, que a esquerda nn significa ser bobo, pero tampouco ser listillo de máis.

Unha aperta.