Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2025 | Actualizada ás 16:06
A deputada socialista Elena Espinosa advertiu que o anuncio deste venres do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, sobre novas "rebaixas fiscais" nos próximos orzamentos da Xunta "confirma unha vez máis que o Goberno de Alfonso Rueda prioriza aos que máis teñen". "Rebaixas a quen? A quen máis ten, como veñen facendo nos últimos anos?", denunciou Espinosa, quen lamentou que o Executivo galego "baixe impostos aos máis ricos mentres se disparan as listas de espera en sanidade e dependencia, mentres faltan profesores de apoio nos centros educativos, mentres seguen sen cubrirse as prazas de bombeiros forestais e mentres se obriga aos concellos a asumir competencias impropias sen financiamento".
Neste contexto, os socialistas galegos lembraron nunha nota de prensa difundida estes sábados aos medios que baixar impostos "significa ter menos recursos para quen máis os necesita, o que implica recortar en dereitos e en igualdade de oportunidades". Nesta liña, acusaron ao Goberno de Rueda de "falar de estabilidade económica mentres abandona os servizos públicos e ás persoas máis vulnerables". "Cada euro que deixan de ingresar para favorecer aos máis acomodados é un euro menos para garantir atención médica, dependencia, educación ou servizos municipais. Esa é a súa prioridade: o beneficio dunha poucos fronte ao benestar da maioría", concluíron.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.