Rueda chama a "fortalecer" o papel das comunidades para unha España "máis plural e cohesionada"

Considera que o proxecto común de España debe basearse na cooperación leal entre territorios e no respecto á pluralidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2025 | Actualizada ás 21:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo un chamamento a fortalecer" o papel das comunidades autónomas para unha España "máis plural e cohesionada". Na súa participación no encontro 'A España plural', organizado polo Xornal de España e o grupo Prensa Ibérica en Madrid, reivindicou o papel das autonomías para un país diverso e moderno.

Considera que o proxecto común de España debe basearse na cooperación leal entre territorios e no respecto á pluralidade. Opina que as comunidades son unha parte esencial desa riqueza colectiva, xa que coñecen mellor que ninguén a realidade dos seus cidadáns e contribúen, desde esa proximidade, a impulsar o progreso.

Tras defender o papel dos medios de comunicación rexionais, no marco da celebración do Día da Hispanidade, valorou a importancia de manter vivas as raíces comúns, como a historia, a lingua e os lazos culturais. Opina que modernizar non significa "renunciar", senón pór en valor unha herdanza desde unha mirada aberta e próxima ás novas xeracións. Conclúe cunha defensa dunha realidade plural con múltiples formas de sentirse parte dun mesmo proxecto compartido.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: ANA VARELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta