EN apoia ao presidente da AGAI

Un grupo de militantes do BNG próximos a Esquerda Nacionalista (EN) solicitan a mediación do candidato á Alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, para impedir o que consideran unha "caza de bruxas" da UPG contra Pedro Gómez-Valadés, presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) por uns feitos que xa contamos a pasada semana aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/02/2007 | Actualizada ás 00:11

Comparte esta noticia

O grupo de apoio a Gómez-Valadés anima aos militantes a que lle envíen a Olveira esta carta:

Estimado Santi:

Como seguramente xa será do teu coñecemento, por parte da U.P.G. estase a promover a expulsión dun compañeiro teu do B.N.G. por razóns unicamente Racistas ao pertencer este militante a Asociación Galega de Amizade con Israel. Compartiras con migo en que é un atropelo propio de situacións fascistas stalinistas contra a liberdade de expresión, de asociación e pensamento.

Este atropelo inxustificado contra este compañeiro xusto antes da campaña das municipais é absolutamente inoportuno e a UPG debería darse de conta o dano que pode chegar a causar ao diminuír as nosas grandes expectativas que temos depositadas en ti como Candidato a Alcaldía da Cidade de Vigo.

Por iso, e apelando a túa gran experiencia como persoa de consenso e talante, propio de ti, e motivo polo que por unanimidade elixímoste como o Noso Candidato, propóñote como mediador neste despropósito e ao mesmo tempo deixar claramente plasmado o gran carisma que espertas na militancia do B.N.G.

Na esperanza de que podas chegar a un acordo, antes das eleccións municipais, no que quede claro que a pertenza do teu compañeiro a AGAI non e incompatible coa militancia activa non BNG, despídese cunha forte aperta,

Asdo._______________

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

15 anónimo

Estimado Apóstata:

Vai la 2o anos máis menos coñecín Don Alberte, mira seu o coñezo, estaba todo dereito, coma sempre, na salutación da Asembleia Nacional do B.N.G de Lugo “ Na Onda” ( viñamos a trancas e barrancas co Carballiño, anterior Asembleia Nacional + expulsados P.C.L.N ) teño que recoñecer que aquel pequeno avogado emigrante galego catalán me gustou no seu discurso por amábel, optimista, voluntarioso e con ganas de comer o mundo emigrante e interior para a nosa causa: Galiza.

Pasou tempo entereime traballaba para os nosos sindicatos (INTG e CXTG, a rotura unha máis) contáronme ora Viveiro, ora Monforte, ora Lugo a defender os traballadores e traballadoras, sen descanso todas as semanas, quen coñeza as estradas e tempos ( atmosféricos) fará lugar do SEÑORITO.

Puxo cara do B.N.G. daquela, cando outros, tiñan medo a que lla partiran, así defendeu o B.N.G. de Lugo na época da falla de oropeles (cando apareceu oportunidade todos somos conscientes do que pasou, miremos quen son os que levaron os sillóns e as prebendas, sen máis que viver do berce, e non continuo porque o amigo “desde el jergón” me chamaría a atención. Mais foi deputado do B.N.G. catro lexislaturas consecutivas, outros non podían traer os votos e agardaban o proveito.

Posívelmente D. Alberte non será unha referencia coma avogado na cidade romana de Lugo, mais coñeces cantos avogados en Galiza teñen un bufete de entre 11 e 14 persoas?, en Lugo ninguén e no resto da Galiza tampouco. Dices marcharon un equipo de avogados laboralistas non sendo referencia na cidade? Dis falan mal díl e moi ben do seu socio, como se os bufetes e as responsabilidades non foran compartidas? Dis e mellor calar mais non dis que lle puxeran nengunha denuncia por irregularidades nos seus contratos sendo todos avogados e a maioría laboralistas? De coña.

Meu Apóstata : D . Alberte, como ben sabes, dis foi expulsado como traballador avogado da C.I.G. tras caer na mala fortuna de pertenecer a Esquerda Nacionalista e ter que pagar por tal atrevimento,antes desta data era moi querido, mais o conto, como foi expulsado da C.I.G como “TRABALLADOR”, foi ao avogado como expulsión improcedente, e como era inxusta, mala sorte a C.I.G tivo que chegar a un acordo con él (baixar os pantalóns e non cair no redíuculo ante os xuíces, el co bo “seny” prefiriu que a C.IG no pasará somellante trago pero como todo traballador cobrou os seus dereitos) .

Esto se é vergonzante porque a decisión era política dentro do perseguimento e linchamento que sempre se mantén dos mesmos, entendes, you know. Aínda falta a primeira vez que apareza como un aproveito cara os seus parentes, que usará do B.N.G para o seu proveito, das centrais sindicais, claro con certa obxectividade ou nos medios, temos que pór fóra cortes endógámicas que están a viver de tantos esforzos de outros. ( Trosky foi ensinado, dun xeito culto do principio de lexitima discrepáncia e do dereito a liberdade de expresión, metéronlle un zapapicos no caletre, para magoa del non foi a fouce e o martelo que tanto defendía e añoraba).

Para acabar, gostaria como coñecedor que es destes mundos e , en especial, das terras luguesas tiveras a ben, informar de quén esta nas cadeiras e con qué méritos e traballos, a non ser pertencer aos que están tras as silveiras ate que haxa algunha oportunidade.

Un dato: o candidato que peores resultados colleitou en Lugo foi ben recompensado e alguén di que os seus máis próximos tamén.

Mais contodo o Xosé Anxo Laxe, amigo Persoal de D. Alberte, e membro de Esquerda Nacionalista vai ser o candidato ao Concello de Lugo, porque tras vinte anos lá outros pódenlle partir a cara.

Sen mais e querendo entendas nas miñas palabras coma unha simples explicación dos feitos.

Atentamente,

Pedro Madruga

P.S. Por arrogancia, e ir sobrados e donos da casa Néstor perdeu, mala sorte, maldita democrasia.
O q

14 outro

Xuiao, vexo que coñeces ben o ínclito. Describiches moi ben tal e como é.

Estimado Pedro, coñezo moi ben o individuo, e tamén a xente que traballou ahí por catro perras.

Xuiao describe os seus comportamentos perfectamente. é un absoluto miserable. Igual tí estiveches como eu con xente moi humilde, traballadora e explotada na súa empresa, que chorou diante de min contando circunstancias sufridas por iste "señor" no seu despacho.
Eu tolero as discrepancias, e o debate dialéctico, pero o que conto neste foro non é froito das miñas elucubracións, senon de experiencias vividas. Non tolero a falsedade e as inxurias e os libelos (non me refiro a tí, obviamente, senon que sería incapaz de escribir sobre algo do que descoñezo)

13 Pedro Madruga

Estimado amigo:
En ningún dos meus mensaxes nomeei o desagradavel episodio ocurrido na Vicepresidencia de Benestar Social e Igualdade co Sr. Losada eentre outros. So dixen co Sr. Losada ao frente, e o seu entender e o meu, recoñecerá que no frente está, o resto pono vostede. E logo volto a comentarlle que eu respeto a diversidade de visións que se teñen sobre os distintos países. Mais en ningún momento manifestei a miña opinión sobre tales, só pido como dixen que a vara de medir sexa igual para todos.
Vostede ben sabe, que chamar fascista ou stalinista se fai cunha simpleza absoluta por parte de xente que carece do fundamento suficiente para enmarcar eses insultos tan desafornutados, cando menos. O tema é chegar a foros como este é luxar persoas colectivos, sen a mínima responsabilidade do que se fai ( non é o seu caso que sempre cunha visión ou outra, respectable por suposto intenta medir ou rectificar se é necesario), mais se cometemos erros temos que recoñecelos para poder avanzar e facer unha Galiza mellor. O noso país xa non necesita de añoranzas obsoletas, nen de exemplos desafortunados. Cada nazón ten o dereito a seguir o seu camiño democráticamente , mais non guiada por un mesías ou por timoneles que case sempre acaban envoltos na bandeira e na patria cometendo todo tipo de tropelías. Nada nen ninguén nós debe de convencer de que os medios xustifican o fin. Sexa pola razón que sexa, xa que na miña opinión esa é a sinrazón de nacemento. Se queremos a paz segamos o camiño da paz.

12 militante

Espero que o BNG non recue e expulse a este fascista, por favor...

11 desde el jergón

Pedro Madruga, le agradezco el tono d su réplica. Soy votante del BNG, también casi desde sus comienzos porque estoy por la libre determinación de los pueblos, conforme a todo el derecho natural e internacional. No es que entienda al BNG, es que comparto su idea de q en Galicia conviven/colisionan dos proyectos nacionales con fuerzas desiguales, un proyecto nacional español (casi omnisciente) y otro gallego. Éste último me parece más universal y noble siempre que no deje de mirar al resto del mundo que habla en gallego-portugués (lo cual hace en muchas ocasiones) Lo demás sería un nacionalismo, ése sí, ombliguista, agresivo y ufano, como lo es el nacionalismo español. Yo, como la sociedad, tengo mis contradicciones y escribo en castellano porque si escribiera en el actual gallego estaría usando de igual forma la ortografía del castellano. Prefiero entonces, aunque resulte chocante, el original a la copia. (En fin, éste no es el tema).

En "el tema" de este confidencial, o en otros, y en sus intervenciones aquí, con o sin pseudónimo, confesando o no que es miembro del CN, pues seguriamos discrepando. A Losada,p.e., ya El País se encarga de ventilarle las vergüenzas que tiene... y las que no tiene...para éso vino aquí El País, francotirador del PSOE que bien calla las cositas de ese partido. Sólo hay que esperar por el siguiente disparo y ráfaga, que vendrá en titular del rotativo madrileño en cuanto pueda. No les siga el juego y dé la batalla que considere, (ud. que puede) dentro del CN. Sabemos de las consecuencias de "no hablar con la sociedad", de la burocratización, sabemos. Pero también de deslizamientos extraños envueltos en verobrrea izquierdista que, en la práctica, acaban mofándose d Cuba, llamando bufón dictador a Chavez, pidiendo el sí al tratado constitucional de la UE y admirando la democracia del Israel de 2007...Ya sabe ud. también las demandas de "perestroikas" y las "glasntot" que final tienen y la ralea de quien las comandan. Un saludo cordial.