EN apoia ao presidente da AGAI

Un grupo de militantes do BNG próximos a Esquerda Nacionalista (EN) solicitan a mediación do candidato á Alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, para impedir o que consideran unha "caza de bruxas" da UPG contra Pedro Gómez-Valadés, presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) por uns feitos que xa contamos a pasada semana aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/02/2007 | Actualizada ás 00:11

Comparte esta noticia

O grupo de apoio a Gómez-Valadés anima aos militantes a que lle envíen a Olveira esta carta:

Estimado Santi:

Como seguramente xa será do teu coñecemento, por parte da U.P.G. estase a promover a expulsión dun compañeiro teu do B.N.G. por razóns unicamente Racistas ao pertencer este militante a Asociación Galega de Amizade con Israel. Compartiras con migo en que é un atropelo propio de situacións fascistas stalinistas contra a liberdade de expresión, de asociación e pensamento.

Este atropelo inxustificado contra este compañeiro xusto antes da campaña das municipais é absolutamente inoportuno e a UPG debería darse de conta o dano que pode chegar a causar ao diminuír as nosas grandes expectativas que temos depositadas en ti como Candidato a Alcaldía da Cidade de Vigo.

Por iso, e apelando a túa gran experiencia como persoa de consenso e talante, propio de ti, e motivo polo que por unanimidade elixímoste como o Noso Candidato, propóñote como mediador neste despropósito e ao mesmo tempo deixar claramente plasmado o gran carisma que espertas na militancia do B.N.G.

Na esperanza de que podas chegar a un acordo, antes das eleccións municipais, no que quede claro que a pertenza do teu compañeiro a AGAI non e incompatible coa militancia activa non BNG, despídese cunha forte aperta,

Asdo._______________

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 Xuiao o Apóstata

Benquerido Pedro Madruga, vaia por diante que me parece unha paifocada fora da realidade (e por ende propia de algúns upegallos) atacar a alguén por formar dunha asociación de amizade con Israel.

Agora ben, coido descoñeces a realidade e andainas de Alberte Xullo. De entrada, non sabes que nos últimos meses fóronselle catro avogados do despacho; incluíndo a todo o equipo que levaba os preitos laborais. Marcharon todos eles despotricando contra Alberte Xullo, non así contra o outro socio do despacho. Marcharon por problemas importantes, deses que non deben reproducirse aquí.

Esqueces tamén que foi despedido da CIG. E, sobre todo, esqueces algo que calquera lugués coñece moi ben: o Alberte Xullo apenas vai polos Xulgados Laborais de Lugo. Hoxe en día, en Lugo, non é un dos avogados de referencia na cidade. (Outra cousa é que, polo País adiante, EN sexa un magnífico engranaxe para acadar clientes; pero iso é outro tema, o aproveitamento, que decote fai este galopín, da política para o seu enriquecemento persoal).

E no que atinxe á súa laboura na INTG e máis na CXTG, primeiro, e na CIG despois, todo o mundo sabe que moitos médicos desvían os pacientes da pública cara á privada. E iso ten un nome.

En calquera caso, abofé que descoñeces moito o medio ó afirmares que hai que falar cos traballadores do despacho de Alberte.

Finalmente, benquerido amigo, o Alberte a min aseméllaseme moito a José Luís Balbás -e EN a aqueles renovadores pola base do PSOE que capitaneaba o outro galopín-. Eran xente que, sen sabelo, servían, baixo a coartada dunhas ideas moi respetables, e coas que eu comungo, servían, digo, ós intereses mesquiños dun home sen principios. A vida éche así. E así pasou o que pasou na Asemblea de Madrid. Pero non te preocupes, que o Alberte está moi catado e recatado. Máis quixera el que que lle deran un carguiño. E mira que o pide. Pero nada.

Saúde e Terra, irmán.

9 Pedro Madruga

Estimado outro:

Supoño descoñeces que o Sr. Alberte X. Rodríguez Feixóo traballo como traballador "abogado" para a defensa dos traballadores ao longo de moitos anos tanto para a I.N.T.G. como para C.X.T.G por acordo e asentimento das duas centrais sindicais durante anos e logo para a C.I.G. gañando multitude de casos o que lle levou a unha grande prestixio entre os traballadores. Así inda hoxe os traballadores seguen a ir ao seu despacho para que os defenda pasando dos do dereito gratuito que lle oermiten os abogados das distintas centrais galegas e españolas. Polo que deduzo non o faría tan mal nen terán unha consideración tan equivocada del, como ti tes supoño por descoñecemento.
2º Foi deputado por Lugo nas listas ao Parlamento dende que tivemos 5 deputados até 18, durante eses anos algo representaría como de esquerdas é nacionalista. Outros que se comparan con Mazinger descoñezo se son máis de esquerdas ou de dereitas que el xa que só os coñezo por outro.
3º Hai quen gosta de ver a un nacionalista de gorra calada é zocos,máis xa Castelo supò andar entre os seus é ser orgullo da sua Galiza con garavata de lazo.
4º Hai quen non gasta os cartos en vivir ben cada un vive como lle da gaña mentres non moleste os demaís e gañe os cartos honradamente como é o caso.
5ºComo sabes que foi un grande activo e presentou moitos preguntas ben sería puxerás quen encabezaba o ranking é quenes forn renovados e quenes están ainda nas cadeiras unha vez dixeron marchar?
Sen máis,
Un saúdo
P.S. Se quixeres máis información para as tuas desavenencias agradeceriache foses a Lugo é falarás con xente do común e cos traballadores dos despacho de Alberte que ven seguro che botan a gorrazos, xa que como ben dis gustanlle uos luxos e os seus compañeir@s saben que traballa con el é un luxazo.

8 Pedro Madruga

Estimado amigo:
Eu non fixen ningún a valoración sobre Israel, Irán,Cuba,Palestina,Venezuela,etc. só dixen que no B.N.G. había xentes que defendian esas ´diferentes visións sobre a política dos governos deses Estados ou Nacións. Polo que o meu entender non debe deferentes varas de medir.
2º Como membro do B.N.G. desde a sua fundación defendo e defenderei a libertade de opinión dos seus membros e dirección sempre que non vaia flagrantemente contra os principios do B.N.G.Polo que aquelo que pense que o B.N.G. e o governo bipartito faga mal tería a libertade eu comotantos outros para manifestar tanto interior coma exteriormente as miñas opinións. O B.N.G. é e debe ser unha organización plural e democrática poloquenon endogámica, e dicer que esteña mirando para o seu embigo. Sen nengún tipo de debate mesmo coa sociedade.
3º Agochar o que pasou na 12 Asembleia Nacional é unha tontería. Todo o mundo o sabee todo o mundo ( a sociedade ) o debe valorar. Eu non fixen proprio o 38%, sempre mente aportei os dados. Por último eu nen ningún membro do Consello Nacional debemos vasalaxe a ningún dos persoeiros pòlo que somos tan criticabeis dentro e fora do B.N.G. coma vostede ou eu mesmo.
Por último aos nosos adversarios políticos do P.P non se preocupe da nosa crítica hacía eles cando sexa precisa, máis tamen a nosa man tendida ao acordo cando é necesario e xusto para os intereses da Galiza, ex. o acordao para a defensa de Ferrol e dos seus asteleiros noCongreso dos Diputados.
Un saudo.
P.S. Meu amigo se é votante do B.N.G. ainda que sexa algunhas veces, e que de algunha forma nos entende, eso quere dicer que cando menos dalgún xeito está contodos nós, o de escrever ou falarsenón o fai agora, e cousa de pouco tempo. O importante está noque queremos ser o resto só é buscar o pedigrí. Animese e adiante tamén co noso galego.
E se en algo o amolie pidolle por adiantado as máis sinceras disculpas.
Fraternalmente Pedro Madruga.

7 outro

Algún día se poderá coñecer a verdadeira ideoloxías e os comportamentos do inclito Alberte Xullo?

Avogado exercente en Lugo, coñecido polas súas minutas aos traballadores. Será para poder manter os seus carísimos e exclusivos gustos?. Que lle pregunten aos diputados da anterior lexislatura... que coñecen ben o suxeito (anecdotas coma o viaxe a Mallorca, e o sitio onde os levou a comer..., así como o numero de preguntas que metía nas comisións para poder cobrar o inimaxinable).
Preguntade tamén á os que ten no seu despacho e canto lles paga. A ver si destapades dunha vez ao fenómeno. Que ten de esquerdas e de nacionalista o que eu de Cardenal Mazinger.

6 desde el jergón

Por otra parte, Pedro Madruga, tampoco considero muy normal que si, como afirma, es ud. miembro del Consello Nacional del BNG se dedique a escribir posts en estos foros ventilando aspectos de la organización.
No me deja buena impresión de ustedes ni de sus métodos. Mire,a mí tampoco me cae bien el sr. Losada (sí me cae bien el sr. Quintana) pero si fuera, como ud, miembro del Consello Nacional exigiría y defendería DONDE COMPETE, p.e. una rectificación en su incidente de los rótulos, lo mismo que se hace con Pedro, NO en éstos foros. No aprenden ustedes, por lo que se ve.
Y oiga, ustedes no sacaron el 38% de los votos, no puede ser que también los Irmandinhos digan que sacaron el 38%, los de Pola Base 38% y todos los que no iban en la candidatura de Quintana 38%. Si hubiesen ido conjuntamente sí, pero no fueron voluntariamente no fueron; entonces no se atribuya porcentajes que no son suyas...y en los foros públicos métase con el PP, hombre ;-) Saludos.