EN apoia ao presidente da AGAI

Un grupo de militantes do BNG próximos a Esquerda Nacionalista (EN) solicitan a mediación do candidato á Alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, para impedir o que consideran unha "caza de bruxas" da UPG contra Pedro Gómez-Valadés, presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) por uns feitos que xa contamos a pasada semana aquí...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/02/2007 | Actualizada ás 00:11

Comparte esta noticia

O grupo de apoio a Gómez-Valadés anima aos militantes a que lle envíen a Olveira esta carta:

Estimado Santi:

Como seguramente xa será do teu coñecemento, por parte da U.P.G. estase a promover a expulsión dun compañeiro teu do B.N.G. por razóns unicamente Racistas ao pertencer este militante a Asociación Galega de Amizade con Israel. Compartiras con migo en que é un atropelo propio de situacións fascistas stalinistas contra a liberdade de expresión, de asociación e pensamento.

Este atropelo inxustificado contra este compañeiro xusto antes da campaña das municipais é absolutamente inoportuno e a UPG debería darse de conta o dano que pode chegar a causar ao diminuír as nosas grandes expectativas que temos depositadas en ti como Candidato a Alcaldía da Cidade de Vigo.

Por iso, e apelando a túa gran experiencia como persoa de consenso e talante, propio de ti, e motivo polo que por unanimidade elixímoste como o Noso Candidato, propóñote como mediador neste despropósito e ao mesmo tempo deixar claramente plasmado o gran carisma que espertas na militancia do B.N.G.

Na esperanza de que podas chegar a un acordo, antes das eleccións municipais, no que quede claro que a pertenza do teu compañeiro a AGAI non e incompatible coa militancia activa non BNG, despídese cunha forte aperta,

Asdo._______________

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 desde el jergón

Si la información de Pedro Madruga es correcta y la inclusión de Feixoo por Amada Traba fue realizar lo pactado previamente, rectifico en ese aspecto y retiro entonces mi primer post.

Yo soy votante ocasional del BNG, no voto siempre, pero cuando lo hago siempre voto al BNG. Bien, no soy militante ni por supuesto cargo electo de una asamblea local de una ciudad como Vigo, que no es poca cosa. Si lo fuera, consideraría normal que se me recriminara por emplear, por ejemplo, el castellano en mis escritos o declaraciones en los que YO metiera al Bloque por el medio. Y aquí estoy en desacuerdo con usted, y corríjame si estoy equivocado: lo que se le pide es una rectificación, rectificación que yo considero justa puesto que no tiene porque involucrar al BNG por el medio, y él lo hizo explicitamente. Por otro lado, me sorprende la beligerancia anti-castrista y la benevolencia con los actuales dirigentes de Israel. Cuba no será una democracia (democracia burguesa, acuerdese del adjetivo si se dice de una organización de izquierda, aunque sea social-demócrata), pero que yo sepa no ha invadido u ocupado territorio alguno en contra del derecho internacional. Ni ha levantado muros en Guantánamo.

4 Pedro Madruga

Estimado ja,ja.: No Consello Nacional do B.N.G somos 100 e o dia de autos eramos máis menos 80. Podes preguntar por partidos, sensibilidades, ou individualidades dos presentes, se o portavoz naciona dixo que fora unha equivocación ou non. Cotexa os dados o resto o xa dito. A luxar. Con respeto o fiasco debes ter en conta que entre o governo controlado polo Quintana e a U.P.G. e a organización controlada basicamente pola U.P.G. agora menos. Levar un 38% dos votos en contra cando agardaban arrasar co Losada ao frente e unha verdadeira coña. Contodo cada un ten a sua visión das contas. Algúns traballamos por un B.N.G. frentista , plural e asembleario.
Saudos.
P.S. O Pedro ten dereito a estar onde lle guste, outros prefiren Irán, Cuba, etc e ninguén lles pon unha chata ou lles abre un expediente: por reximenes antidemocrátidos ou onde as libertades homosexuais, da muller etc.... os deitos humáns están moi en dúbida, mesmo os métodos imperialistas. E para a tua información no B.N.G. hai policias nacionais, locais etc. que están filiados a organización mais ninguén pediu a sua expulsión por perteneceren nalgúns casos as forzas de "ocupación da Galiza". Falaremos
Un saúdo de novo.

3 jaja

equivocación?, ja,ja. O que pasa que o Xullo pensa que é mellor ca ninguén.

E a respecto da "expulsión" metira cochina, non hai tal expulsión, nin expediente nin gaitas; e todo unha invención do Valadés e EN, que van de víctimas logo do fiasco que foi para eles a XII Asamblea nacional. O que si se lle pide é que NON UTILICE O NOME DO BNG PARA AS "SÚAS" CUESTIÓNS PARTICULARES, como é isto da asociación pro-israelí.

2 Pedro Madruga

Estimado amigo:
Quedou perfectamente claro neste foro e así o admitiu o portavoz Nacional do B.N.G.Sr. Quintana ante o consello Nacional do B.N.G. que fora unha equivocación sua. Xa que na negociación con el mesmo e ante os compañeir@s dos B.N.G. presentes na negociación os nomes pola Alternativa forn os de Charo e Alberte por expreso desexo de Amada e Camilo que declinaron estar na mesma. Xa que tanto un como outro tiñan todo o apoio para estar na Executiva Nacional do B.N.G.
O resto e mala milk.

1 desde el jergón

Lástima que EN y este Alberte Feixoo no apoyaran a Amada Traba, quien a la asamblea del Bloque (por la "Alternativa" esto es, la candidatura de EN). Bien, pues Amada Traba hizo la campaña y después, una vez que arrastró los votitos y resultó elegida ese Feixoo la hizo dimitir, dando el espectáculo, según recogieron todos los medios en la Asamblea. Y hasta que Amada Traba dimitió no paró. Mucho compañerismo y pura ética, sí...Ay.