Temas: CEMITERIO

Desvelado o misterio dos ósos aparecidos nunha parcela municipal de Santiago

Os restos aparecidso serán trasladados ao cemiterio municipal de Boisaca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

Os ósos aparecidos este mércores nunha parcela municipal de Santiago corresponden ás obras realizadas no muro de Costiña do Monte, nas inmedaciones do antigo cemiterio de Bonaval.

Fontes municipais consultadas por Europa Press sinalan que estes restos óseos proceden da terra sacada dos traballos de reparación nesta zona, onde a finais de 2019 faleceu unha persoa ao derrubarse parte do muro que delimita o recinto do antigo camposanto.

A aparición de restos óseos durante as obras motivou a paralización cautelar dos traballos. Por orde do xulgado, a terra onde se atopaban estes ósos foi trasladada a unha parcela propiedade do concello no barrio de Salgueiriños.

As obras renováronse tempo despois tras determinar o xulgado que o osario achado non era de relevancia. Finalmente, os traballos de reconstrución do muro de Costiña do Monte están pendentes de entrega unha vez finalizados.

Este mércores, veciños da zona alertaron ás autoridades tras localizar cranios e outros ósos que, segundo fontes municipais, emerxeron da terra debido ás choivas.

Estas fontes sinalan que os restos óseas, a medida en que vaian aparecendo durante as tarefas de tratamento dos cascallos por parte da empresa encargada da obra de Costiña do Monte, serán trasladados ao cemiterio municipal de Boisaca.

Mostras dos ósos
Mostras dos ósos | Fonte: UNIVERSIDADE DE VIGO

Temas: CEMITERIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta