Viaqua anuncia compromisos coa protección da fauna e flora

Afirma ofrecer solucións innovadoras ao redor da xestión sostible da auga e a saúde ambiental.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/06/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Día Mundial do Medio Ambiente pon énfase este ano na necesidade de preservar a nosa contorna, restaurando os ecosistemas danados e protexendo aqueles que aínda conservan a súa vitalidade e diversidade. A celebración marcará o lanzamento do Decenio das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030). Precisamente, 2030 é a data límite que os científicos consideran crítica para evitar os peores impactos do cambio climático. Viaqua afirma sumarse a este compromiso e ofrecer "solucións innovadoras ao redor da xestión sostible da auga, dos recursos naturais e da saúde ambiental para a agricultura, a industria e as cidades".

Voluntarios de Viaqua realizando o censo de primaveira en Biobserva.
Voluntarios de Viaqua realizando o censo de primaveira en Biobserva. | Fonte: Cedida.

Así, Viaqua "toma medidas para protexer a flora e a fauna tanto nos espazos protexidos nos que opera como na contorna das súas biofactorías". En concreto, a compañía realizou no último ano 3 diagnósticos e plans de acción en instalacións dentro de espazos protexidos. Entre as súas iniciativas na loita contra a perda de biodiversidade, destaca o programa de xestión integral de especies de flora invasora, en instalacións como a EDAR de Aríns en Santiago, a EDAR de Valdoviño ou a EDAR de Ourense, entre outras.

 

Viaqua, ademais, afirma facer uso dunha "metodoloxía e ferramentas propias" e contar con persoal das instalacións capacitado para identificar e reportar observacións, así como executar e realizar plans de control e comunicación de especies invasoras. Viaqua "aposta tamén pola eliminación do uso de produtos fitosanitarios en todas as súas instalacións, o que conlevou un cambio no modelo de xestión das zonas verdes".

 

Na mesma liña, impulsa medidas para que os seus traballadores se convertan "en verdadeiros gardiáns da natureza". O programa de voluntariado BiObserva, implantado en 7 instalacións, contempla a observación das especies de avifauna nos centros de traballo e o seu rexistro nunha app ou nunha plataforma web de acceso público. As preto de 26.200 observacións recollidas foron utilizadas internamente pola compañía co fin de analizar e deseñar plans de acción de biodiversidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta