Inauguran a rosaleda de Méndez Núñez con rosas, xardineiras e mobiliario urbano

Forma parte da iniciativa de recuperación dos xardíns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, inaugurou este sábado a rosaleda dos Xardíns de Méndez Núñez como parte dos traballos de recuperación da zona que comezaron hai un ano.

Inés Rey, que estivo acompañada pola concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, e o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, destacou que a replantación da zona con máis de 20 especies de rosas diferentes, permite "volver gozar dun dos espazos máis emblemáticos da cidade".

"Esta actuación comezou hai máis dun ano cando o Goberno local tomou a decisión de erradicar o botellón para recuperar un parque que levaba anos deteriorado, nun estado lamentable, sen mantemento nin coidados", explicou a alcaldesa.

A rexedora tamén destacou "a pequena homenaxe" realizada ás 13 rosas --as 13 mulleres asasinadas durante a ditadura franquista-- coa plantación de 13 flores en círculo. Ademais da repoboación da rosaleda, segundo explicou o Concello nun comunicado, incorporáronse xardineiras e demais mobiliario urbano "para favorecer a convivencia e o paseo de coruñeses e coruñesas".

A recuperación dos Xardíns de Méndez Núñez contará con dúas fases de traballos máis: unha xa iniciada no estanque "onde se está arranxando o céspede e limpando matogueiras", e outra que correspondrá á contorna do Quiosco Alfonso, "onde se atopa o palmeral máis coidado e protexido e Galicia".

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán; a alcaldesa da Coruña, Inés Rei; e o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage. ANDY PEREZ
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán; a alcaldesa da Coruña, Inés Rei; e o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta