Condutores da liña Santiago aeroporto reclaman ao Concello "unha solución inmediata"

Acusan o alcalde de "actuar ao ditado de Monbus",

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/06/2021 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Condutores da liña Santiago aeroporto concentráronse este venres ante o Concello para reclamar do goberno municipal e do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, "unha solución inmediata" á súa situación.

Monbus
Monbus | Fonte: Europa Press - Arquivo.

Denuncian que pese ao compromiso adquirido por unanimidade no pleno municipal "nada saben das xestións que Bugallo se comprometeu a facer" e acúsano "de actuar ao ditado de Monbus", segundo a CIG.

O representante da central nacionalista Inácio Pavón asegurou que os condutores "seguirán mobilizándose mentres non recuperen os seus postos de traballo".

Pavón denunciou que "están a ser ignorados" polo concello. "Cónstanos que houbo unha reunión con Raúl López e que no canto de dar explicacións leulles a cartilla aos representantes municipais pero a nów ninguén desde o goberno nos explicou nada", subliña.

Para este representante, "hai unha completa submisión aos intereses empresariais de Monbus e Raúl López ata o punto de que se lle permite empregar terreos e servizos municipais para contratas alleas ao transporte urbano así como un evidente trato de favor na nova intermodal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta