A Xunta segue apostando polo modelo 'plurilingüe' malia os informes sobre o retroceso do galego

Educación sostén que está pensado para mellorar as competencias do alumnado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Xunta abriu o prazo para a incorporación de novos centros educativos ao ensino plurilingüe en ciclos de Formación Profesional o próximo curso 2021-2022, co obxectivo de estender a aprendizaxe dunha lingua estranxeira a este nivel educativo. As solicitudes poderanse remitir ata o próximo 25 de xuño.

Segundo informa o Goberno autonómico nun comunicado, os criterios para considerar plurilingüe un ciclo cambiaron. De acordo coas esixencias dos programas de cooperación territorial do Ministerio de Educación e Formación Profesional, os centros terán que impartir un módulo profesional de primeiro curso e de segundo nunha lingua estranxeira.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responde o Parlamento na sesión de control. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responde o Parlamento na sesión de control. ANA VARELA

A Xunta mantén así un ano máis o criticado Decreto de Plurilingüismo lanzado por Feijóo nos seus primeiros anos de mandato a pesar dos múltiples informes negativos rexistrados ao longo dos últimos meses a respecto da evolución do número de falantes en Galego. Entre eles están o da Real Academia Galega ou o do Consello de Europa, que deu conta dunha caída de falantes especialmente acentuada entre os menores de 15 anos. 

Ademais, terán que dar clase un mínimo de 53 horas semanais, ben sexa como un módulo profesional incluído no currículo do título ou ben como engadido fóra do horario escolar, de forma opcional para elalumnado.

EVOLUCIÓN DO MODELO PLURILINGÜE

Este modelo plurilingüe implantado polo Goberno galego --que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira-- púxose en marcha no curso 2010-2011 para as etapas de educación obrigatoria, é dicir, Primaria e ESO. A partir do curso 2017-2018, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil, Bacharelato e Formación Profesional.

O modelo de ensino plurilingüe en Galicia a través da Estratexia de Linguas Estranxeiras arrincou con 58 centros plurilingües no curso 2010-2011 e, actualmente, alcanza os 423. Este crecemento exponencial tamén se rexistra nas seccións bilingües implantadas --que pasou das 720 en 2009 ás preto de 4.700 deste momento -- e no número de auxiliares de conversación --dos 67 no curso 2008-2009 aos 617 hoxe--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Riolo

Normal. El gallego seguirá en decadencia mientras se asocie a la estrella roja, el fanatismo, la imposición, el comunismo y el trinque de fondos públicos.

1 Moine

Para isso estám, para cometer o etnocídio contra a cultura galega. Mas, nom som os culpáveis eis som os seus eleitores, os auto-ódio que lhe gostaria ser de “madriles”. Estou seguro que muito votantes do PP só tenhem a emigraçom dos seus filhos e netos para que podam comer, mas ainda si, seguem-lhe votando aos carrascos. Isto é para pensar.